Ana Pontón pide “prudencia e sensatez” a Feixóo para que as eleccións se celebren con todas as garantías

Ana Pontón
Ana Pontón

Afea que, por cuarta vez, desconvoca as forzas políticas e negue o  diálogo e cooperación que tanto reclama en Madrid

 

O BNG reclama  investir 200 M€ en Atención Primaria e axudas directas  para persoas autónomas  

A portavoz nacional do BNG,   Ana Pontón,  pide a Feixóo “prudencia e sensatez” para que as eleccións  se celebren con “todas as garantías para a saúde de todos os galegos e galegas”. A nacionalista  lembra que o presidente da Xunta afirmou, hai dous meses,  que non convocaría eleccións en período de  estado de alarma e agora cambia de opción  “a rebufo da decisión do lendakari Urkullo” para que se celebren no mes de xullo, a pesar da crise do coronavirus. Para a nacionalista, neste novo escenario electoral, Feijóo  demostra cal é o valor da súa palabra cando o “sensato” é agardar a que pase a emerxencia sanitaria para poder votar con “todas as garantías sanitarias e democráticas” e reprocha ao Presidente da Xunta que non valore esta opción.

Feixóo nega en Galiza o diálogo que reclama ao goberno central

A líder do BNG afea que o presidente da Xunta, por cuarta vez, desconvoque a reunión coas forzas políticas en pleno proceso de  desescalada. Para Pontón, está é unha nova constatación de como entende Feixóo a cooperación e o diálogo que tanto pía  en Madrid e asegura que a desconvocatoria  obedece á falta de interese de Feixóo por  escoitar as propostas do BNG que  deixarían en evidencia que o goberno galego  “non está facendo os deberes” nunha crise tan grave e dramática.

O BNG pide reforzar a Atención Primaria e axudas á persoas autónomas

A nacionalista reitera que a situación provocada pola COVID-19 require medidas urxentes polo que volve a reclamar o investimento de 200 M€ en Atención primaria para contratar máis persoal nun servizo fundamental para a asistencia sanitaria  e axudas directas para as persoas autónomas  como  fan os gobernos de  Euskadi, Catalunya ou Valencia. A Xunta, recalca Pontón, non pode “abandonar a este colectivo”, un dos máis afectados pola crise económica.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG