Ana Pontón pide que se investigue porqué Galiza ten os prezos máis altos dos carburantes do Estado

Ana Pontón comparece ante os medios de comunicación co deputado do BNG  Mini (1)
Ana Pontón comparece ante os medios de comunicación co deputado do BNG Mini (1)

“Como é posible que as distribuidoras pacten os prezos sableando aos galegos e as galegas e o Goberno de Feijóo non faga nada?

A súa chegada a Burela para reunirse coa xunta de persoal do Hospital da Costa, a portavoz nacional, Ana Pontón, preguntábase canto custa coller o coche nun país que figura á cola en salarios pero soporta os prezos dos carburantes máis altos do Estado e unha das peaxes máis caras.

“Viña desde Santiago para A Mariña calculando canto lle costa a un galego ou galega coller o coche nun país onde temos unhas das peaxes máis caras de todo o Estado e que hoxe mesmo coñecemos que estamos pagando a gasolina e o gasóleo máis caros de todo o Estado español”, interpelou, “nun país con salarios baixos pagamos as peaxes e os carburantes máis caros”.

Pontón interpelou ao presidente da Xunta en relación a esta situación. “O que nos preguntamos e que está facendo Feijóo ante un novo atraco ao peto dos e das galegas, se vai poñer en marcha medidas para acabar con esta situación porque o primeiro é saber por que en Galiza, tendo unha refinería, pagamos a gasolina e o gasóleo máis caros, e que fai o Goberno galego ante unha situación que é un abuso que non se pode permitir”.

A dirixente do Bloque considera que o primeiro paso é abrir unha investigación para determinar as causas que levan a Galiza a encabezar o ranking do custe de encher o depósito do coche. “O mínimo sería abrir unha investigación para saber porque pasa isto, como é posible que as grandes distribuidoras pacten os prezos da gasolina sableando aos galegos e galegas e que o Goberno de Feijóo non faga absolutamente nada? É unha proba máis dun goberno que ten abandonada á maioría social”, concluíu.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG