Ana Pontón pide institucionalizar o 17 de agosto “Día da Galiza Mártir” para reparar a memoria de Alexandre Bóveda

Homenaxe a Alexandre Bóveda en Poio
Homenaxe a Alexandre Bóveda en Poio

Apela a vixencia do legado de Bóveda para construír un futuro mellor e con oportunidades para  Galiza

Critica a “nula” aportación do goberno de Feixóo para políticas de recuperación da memoria histórica fronte ás axudas á familia Franco para converter o Pazo de Meirás nun centro de apoloxía franquista

Na homenaxe a Alexandre Bóveda celebrado na Caeira, concello de Poio, lugar no que hai 82 anos foi asasinado o galeguista, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón afirmou que a ferida aberta contra as familias e  vítimas da represión  franquista en Galiza “non se vai curar co esquecemento nin a impunidade” só e posible, dixo, curala “coa verdade, a reparación e a xustiza.” Neste sentido, reclamou declarar día oficial o 17 de agosto como “Día da Galiza Mártir” e que a Xunta de Galiza o declare e celebre como tal.

Homenaxe a Alexandre Bóveda en PoioPontón  reivindicou o legado de Alexandre Bóveda do que dixo, está máis vixente que nunca ao que sumou “políticas de recuperación da Memoria histórica”. A portavoz nacional do BNG criticou que durante dez anos  a aportación do goberno de Núñez Feixóo fora “cero euros” para a recuperación da memoria histórica mentres destinaba “máis de sesenta mil euros á familia Franco  para converter o Pazo de Meirás nun centro de apoloxía do fascismo”. Si a sociedade é a que está a impulsar políticas de memoria e quere avanzar neste terreo é necesario iniciar un cambio no noso país. O compromiso do BNG é claro, recalcou a portavoz nacionalista, poremos en marcha esa recuperación “cunha Lei propia de Galiza” que aposte por “anular os xuízos franquistas, institucionalizar o 17 de agosto como Día da  Galiza Mártir e a devolución de todos os bens espoliados polos franquismo”.

Pontón lembrou que a ONU defende  que non pode existir unha lei de amnistía  ou punto final para crimes contra humanidade e lembrou que en Galiza, a partir do ano 36 foron cometidos centos de asasinatos polo franquismo.

A portavoz nacional do BNG recalcou que Alexandre Bóveda entregou a súa vida por Galiza, a democracia pero tamén  foi un dos artífices do nacionalismo a través do galeguismo na Segunda República e a pesar do tempo transcorrido hai algo, dixo Pontón, que non cambiou, “a necesidade do nacionalismo ante a crise do réxime”. Día a día, as forzas estatais están a demostrar  que non contan “cunha axenda galega nin atenden ás necesidades de Galiza”. Si queremos construír un futuro mellor e con oportunidades, a “clave é o nacionalismo e dende o BNG traballamos para sumar máis deste lado porque é o único que suma na construción dunha Galiza mellor”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG