Ana Pontón pide un “apoio rotundo” para un BNG fortalecido e cun proxecto sólido para Cambados

IMG-20190118-WA0017
Presentacióm Cambados

“Estamos en disposición de dar un paso adiante tras estes catro anos de goberno e cun candidato que sería o mellor alcalde posible”, proclama

Caamaño pon en valor o traballo municipal do Bloque como aval para pedir o apoio dos e das veciñas de cara ás eleccións do 26 de maio

A portavoz nacional, Ana Pontón, pediu un “apoio rotundo” para  o BNG nas vindeiras eleccións municipais no acto de presentación do cabeza de lista da candidatura nacionalista, Víctor Caamaño, a quen definiu como “unha persoa honesta que sería sen dúbida o mellor alcalde para Cambados”.

A líder do Bloque apelou ao traballo feito pola formación nacionalista desde o goberno local, “que permitiu abrir un tempo novo tras 28 anos de desgoberno do PP, un tempo novo para a veciñanza, libre de amiguismos e de corrupción no que se construíu un concello aberto, transparente con persoas dispostas a dar o mellor de si mesmas para que Cambados avance”.

IMG-20190118-WA0020Destes catro anos de goberno, indicou, sae un BNG “máis fortalecido, con máis experiencia e capacidade, que coñece mellor o concello e, polo tanto, estamos en disposición de dar un paso adiante”, salientou.  Ao aval do traballo feito, o Bloque suma  “un proxecto claro para que Cambados siga avanzando, para conseguir unha vila aposte pola peonalización, que apoie o comercio local, que siga fortalecendo a viticultura, ou que loite por mellorar as condicións laborais dos e das traballadoras do mar”, explicou.

“Temos as ideas claras, honestidade e o mellor candidato”, recalcou, motivos que lle permiten dirixirse “a todas as persoas inconformista, que queren máis, para  dicirlles  que a súa alternativa é o BNG, porque temos un proxecto de futuro para Cambados que aposta pola defensa da nosa cultura, da nosa lingua, da nosa identidade e, sobre todo, que defende o dereito a vivir en concellos pensados para as persoas”.

IMG-20190118-WA0028“Sabemos facelo, xa o estamos facendo nesta vila cun BNG que demostra nos concellos que funciona e que mellora a vida das persoas. Por iso, -concluía-, pedimos a veciñanza o seu apoio para que Cambados siga avanzando e non vos arrepentiredes nunca de votar ao Bloque”.

Pola súa parte, Víctor Caamaño puxo en valor o traballo realizado nun goberno local “que foi alternativo e de progreso grazas ao BNG”, e pese a herdar unha estrutura municipal “que non estaba preparada para as necesidades de Cambados”.

O candidato considera que queda moito por facer para completar o proxecto que o Bloque ten para a veciñanza pide o apoio dos e das veciñas “para contar cunha maior capacidade de actuación a través dunha maior presenza do BNG no futuro goberno municipal” a partir da cita electoral do 26 de maio.

Máis apoio para avanzar

Para completar o traballo feito no concello, Caamaño pediu reforzar o apoio electoral ao BNG “para seguir adiante co noso modelo de colaboración e apoio coas asociacións culturais, co modelo cultural, co proxecto educativo e de conciliación familiar, para  mellorar as instalacións deportivas e seguir colaborando cos clubs, para organizar un departamento de medioambiente que sexa funcional. E queremos seguir adiante para poder aplicar tamén en Cambados o modelo social e económico que o BNG defende para Galiza”.

Caamaño salientou algunhas das principais actuacións do Bloque aínda dentro dun goberno municipal “complexo”, entre elas a extensión do Plan madruga a todos os colexios do que se benefician máis de 200 nenos e nenas, novos comedores escolares, reforzáronse os equipos de limpeza nos centros educativos ou realización de cursos homologados de formación de profesorado. Pero, sobre todo, “o que se fixo foi cambiar o modelo e a maneira de traballar desde o concello”, concluíu.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG