Imprimir

Ana Pontón e Néstor Rego animan á participación nas eleccións do 28 de abril

BNG - Bloque Nacionalista Galego | 27 de abril de 2019

Santiago de Compostela
Santiago de Compostela

Parella, familia, conversa telemática co sobriño e plantar tomates, parte  da xornada de reflexión da portavoz nacional e do candidato pola Coruña

Tras 15 días de campaña intensa, Ana Pontón, aproveita a xornada de reflexión para desfrutar das relacións persoais e familiares. Tras compartir un vermú na Praza de Abastos de Compostela, co candidato pola Coruña, Nestor Rego, e con outros compañeiros e compañeiras do BNG, a líder nacionalista anima a participar este 28A.

“Foi unha campaña intensa pero gratificante porque notamos o afecto e a ilusión de moitas persoas ao longo de todo o país”, salientou, “hoxe é un tempo de relax que aproveitarei para pasar co meu compañeiro, coa familia e teño un sobriño, -Anxo de 17 meses-, que levo un mes sen ver e quero falar con el aínda que sexa por medios telemáticos. Un día para descansar, para reflexionar e animo á xente a que participe este 28A ”.

Pola súa parte, Rego tamén destacou a intensidade da campaña “e o entusiasmo de moita xente coa posibilidade de que Galiza recupere a súa voz”. Agora toca xornada “para relaxarse cos amigos e amigas, compañeiros, coa familia, e pola tarde teño pensado se o tempo axuda quería plantar uns tomates, a variedade de tomate negro de Santiago, que é unha actividade moi relaxante”.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/ana-ponton-nestor-rego-animan-participacion-nas-eleccions-do-28-abril/20190427192247024633.html


© 2020 BNG - Bloque Nacionalista Galego

Bloque Nacionalista Galego
Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela
GALIZA
CIF: G32014003
Correo: [email protected]
Teléfono: 981555850

facebook twitter youtube whatsapp telegram instagram flickr