Ana Pontón: “A mobilización social e política freou a venda ilegal das centrais do Xallas”

Manifestación contra a venda das centrais do Xallas
Manifestación contra a venda das centrais do Xallas

Parabeniza a Costa da Morte e a todas as persoas que plantaron cara a chantaxe de Villar Mir e loitaron polo futuro da Comarca e a dignidade de Galiza

Solicita a remisión inmediata do informe ao Parlamento, que espera sexa contundente e peche calquera porta á venda destas concesións públicas

A portavoz nacional, Ana Pontón, parabenizou en nome do BNG a todos os traballadores e traballadoras das plantas de Ferroatlántica en CEE e Dumbría, aos alcaldes, a Costa da Morte e a todas as persoas que se mobilizaron durante meses en contra da pretensión de venta ilegal das centrais dos Ríos Xallas e Grande por parte de Villar Mir, empresario investigado nun caso de presunto financiamento ilegal do PP.

“Quero parabenizar a todas as persoas que loitaron en defensa do emprego e do futuro desta comarca, das que plantaron a cara a chantaxe que pretendía Villar Mir”, salientou Pontón, visiblemente satisfeita polo resultado desta mobilización social e política. “Estou convencida que sen esa unidade en defensa do país, do emprego, da dignidade da Costa da Morte e de Galiza o resultado sería radicalmente oposto”.

Á espera de coñecer o texto íntegro do informe, que sexa confía sexa contundente e peche calquera porta sobre a venda das concesións das centrais, a dirixente do Bloque considera que a resolución “da a razón aos que advertimos e denunciamos que se quería cometer unha ilegalidade e tamén que era unha decisión que iba depender da presión política e social que se conseguira exercer”. O BNG pide a remisión inmediata do texto á Cámara galega.

Pese a esta vitoria social, Pontón salienta que non é “a última batalla que queda por dar” en relación ás plantas que Ferroatlántica ten na Costa da Morte, cuxa actividade está vinculada á explotación dunhas centrais polas que a multinacional obtén uns beneficios que deben repercutir en Galiza.

“Temos que reclamarlle a Villar Mir que eses beneficios deben reverter en crear máis emprego na comarca, en modernizar as fábricas, en definitiva, en que os cartos que saca Villar Mir facendo caixa coas centrais que son unha concesión pública non poden seguir emigrando fora, teñen que reverter en crear máis emprego. Esta debe ser a primeira esixencia da Xunta ao grupo empresarial de Ferroatlántica”, concluíu.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG