Imprimir

Ana Pontón: “Lucía cesar é garantía para transformar o concello de Vilagarcía de Arousa”

BNG - Bloque Nacionalista Galego | 23 de Novembro de 2018

Presentación Lucía César
Presentación Lucía César

Participa no acto de presentación da candidata do BNG á alcaldía de Vilagarcía e asegura quen o BNG transformará o concello como xa fixeron  os gobernos de Pontevedra, Tomiño, Allariz  ou Carballo

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón manifestou hoxe estar convencida de que Lucía Cesar Veloso, candidata do BNG á Alcaldía de Vilagarcía de Arousa é a “garantía para transformar o concello” como xa fixeron os gobernos do BNG en Pontevedra, Tomiño, Allariz  ou Carballo.

Para a líder do BNG, o traballo realizado  durante estes tres anos e medio, representan o compromiso coa veciñanza e o aval para a nova cita electoral. “Outra Vilagarcía é posible e Lucía será a protagonista deste cambio”, recalcou.

No acto de presentación da candidata, Pontón dixo estar “contenta e orgullosa” de apoiar a unha muller como Lucía, “estou segura de que con ela o BNG dará un paso adiante”.

O BNG leva demostrado que sempre está cerca dos veciños e veciñas, e cun proxecto para que as persoas de Vilagarcía melloren a súa calidade de vida. Vilagarcía precisa apoiar e impulsar o seu pequeno comercio como elemento dinamizador e motor económico e co BNG ao fronte “é posible” ao igual que xa aconteceu noutros concellos gobernados polo BNG.

Pontón destacou a experiencia do BNG nos gobernos municipais e nas  equipas de novas persoas como Lucía, “dispostas ao diálogo e o esforzo para que os proxectos se convertan en realidade e revertan en beneficios para a veciñanza”. Lucía, recalcou Pontón, “leva tempo preparada, é unha muller feminista e valente”.

O TRABALLO DO BNG, AVAL PARA AS VINDEIRAS ELECCIÓNS

A candidata do BNG  á Alcaldía de Vilagarcía de Arousa, afirmou que o BNG encara as vindeiras eleccións con “propostas, o traballo ben feito e con ganas de seguir facendo realidade novos proxectos”.

Neste sentido, avanzou que o BNG traballará na defensa e impulso do patrimonio natural e cultural coa recuperación de muíños, fontes, lavadoiros e espazos, que “non poden esmorecer”. Ademais, engadiu, colaboraremos coas  comunidades de montes en diversos proxectos e na ruta de sendeirismo homologada para poñer en valor a nosa paisaxe e natureza.

A candidata á alcaldía anunciou que o BNG quere crear un museo que recolla e divulgue  a riqueza cultural da vila e levar  “a dinamización cultural ás parroquias”.  A presenza dun concelleiro ou concelleira nos centros socioculturais de todo o municipio, para que “a veciñanza poida trasladar directamente as súas necesidades e inquedanzas” será outra das nosas prioridades así como un “plan  de mobilidade real”, con rúas humanizadas e un transporte que comunique, de maneira eficiente e funcional, a todas e cada unha das parroquias para devolverlle “o protagonismo ás veciñas e veciños e non ao tráfico”.

Lucía Cesar asegurou “contar cun grupo de persoas sen medo de levantarse e saír á rúa para defender á veciñanza, o noso patrimonio, a cultura, e o emprego digno na nosa terra”.

“Non vos podo prometer solucións fantásticas nin inmediatas aos problemas”, recalcou  pero si podo comprometerme con todas e todos vós a  “traballar do mellor xeito posible e co maior dos respectos, porque a política hai que facela  doutra maneira”.

IMG-20181123-WA0010Eu son a cara visible deste proxecto, pero que saiban aí fóra que detrás teño á mellor equipa. “Persoas con capacidade de traballo e esforzo, con iniciativa, con proxectos, pero sobre todo, persoas convencidas coma min, de que outra Vilagarcía é posible”, concluíu.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/ana-ponton-lucia-cesar-garantia-transformar-concello-vilagarcia-arousa/20181123183928023266.html


© 2018 BNG - Bloque Nacionalista Galego

Bloque Nacionalista Galego
Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela
GALIZA
Correo: [email protected]
Teléfono: 981555850

facebook twitter youtube whatsapp telegram instagram flickr