Galegas 2020

Ana Pontón: “As forzas estatais só ofrecen a Galiza máis submisión a Madrid e discriminación”

Seguimento campaña
Seguimento campaña
Afirma que  “non estamos no tempo de forzas sucursalistas estatais nin  de gobernos monicreques de Madrid. Galiza precisa un goberno de país,  coas mans libres e sen mordazas”

Na súa comparecencia ante os medios de comunicación, tras a xuntanza da comisión de seguimento da campaña electoral do 5A, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón firmou que “as forzas estatais só ofrecen a Galiza máis submisión a Madrid, agravios e discriminación”.

Para a líder do BNG, “non estamos no tempo de forzas  sucursalistas  estatais nin  de gobernos monicreques de Madrid. Galiza precisa un goberno de país, coas mans libres e sen mordazas como o BNG”.

Un goberno do BNG, explicou , ten as mans libres para defender os dereitos de todos os galegos e galegas e amosou os seu convencemento de que o 5 de abril haberá un cambio real en Galiza abrindo “un tempo novo”. A portavoz nacionalista reiterou que as forzas estatais só ofrecen “sucursalismo de Madrid” como xa constatamos historicamente tanto co Partido popular como co Partido socialista. Neste sentido, lembrou que o PP e PSOE mantiveron a estafa das peaxes da AP-9, recortes nos investimentos do Estado, retrasos de anos na chegada do AVE e agora tamén o  coa electricidade onde  PP e PSOE continúan mantendo un espolio no marco enerxético que pon en risco miles de postos de traballo”:

Pontón considerou que este guión só pode mudar co BNG, “unha forza política libre de sucursalismos”. Na súa opinión “sobran os exemplos” para un  cambio político en Galiza, “un cambio de rumbo  que só o pode garantir o Bloque nacionalista Galego”, recalcou.

A portavoz nacionalista asegurou que o 5 de abril, o BNG  “vai a por todas” e cun claro obxectivo, para que  “Galiza teña por primeira vez na súa historia,  unha muller presidenta  e do BNG” porque somos garantía para mellorar a vida das persoas que viven en traballan e podemos  facelo sen ter que pedir permiso a ninguén. “Nas elección do 5 de abril queremos liderar a alternativa ao Partido popular de Feixóo”.

Pontón asegurou que o 5 de abril Feixóo recibirá unha gran contestación nas urnas e a unha década cun goberno que demostrou a súa “incompetencia e inutilidade para defender os intereses de Galiza poñendo  en risco dereitos fundamentais como a sanidade”. Feixóo deixa unha Galiza peor que a que atopou, con “máis desemprego, deterioro ambiental, o medio rural abandonado, unha mocidade condenada a emigrar e miles de mulleres reclamando nas rúas igualdade real”.

Feixóo profeta  de desastres

 Para Pontón, Feixóo  conta cun triste récord, ser o presidente da Xunta que nunha década foi incapaz de conseguir unha soa  competencia e mentres  vemos como outras  nacións avanzan en autogoberno, en Galiza temos un presidente que nos conduciu a “irrelevancia política”.

Galiza non existía na axenda do Estado até que o Bloque volveu a ter representación no Congreso dos deputados. Feixóo, reiterou Pontón é “incapaz” de ofrecer ningunha solución aos graves problemas sociais e económicos do noso país, e agora converteuse ademais  “nun profeta de desastres”  e profeta do peche dunha das  empresa electrointesivas máis importantes. Feixóo fai  “electoralismo sobre  peche que nin sequera foi anunciado pola dirección de Alcoa”. Este é o mellor retrato “dun presidente ausente” e un candidato cun “electoralismo cutre”  para tapar a súa propia incompetencia fronte á Xunta.

Finalmente, Pontón apostou por “dar carpetazo” á nefasta década do Partido popular para que por primeira vez, Galiza conte cunha “muller presidenta e do BNG”.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG