Imprimir

Ana Pontón a Feixóo: “Machismo é recortar as axudas directas ás vítimas de violencia machista”

BNG - Bloque Nacionalista Galego | 30 de Novembro de 2018

Violencia machista
Violencia machista

Pídelle que deixe de exercer de profeta da potsverdade e que se quere facer partidismo “utilice a sede do PP,  pero non a Presidencia da Xunta”

A portavoz nacional, Ana Pontón, responde ás declaracións de Feixóo quen, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, acusou á líder nacionalista de ser “machista”, instalado nunha fuxida cara adiante na que, a falta e argumentos, pisa o acelerador da manipulación e do insulto.

"Quixera dicirlle ao señor Feixóo que machista é recortarlle as axudas directas ás mulleres maltratadas, machista é vetar destinar máis recursos para combater esta violencia, -como propón o BNG-, machista é incumprir a Lei galega de violencia, machista é ignorar sistematicamente os acordos parlamentarios nesta materia. Iso si é machista”, salientou Pontón, que continúa a súa axenda de contactos coa diáspora galega, nesta xornada desde Bos Aires.

Pontón tamén reclama a Feixóo que deixe de utilizar a institución da Presidencia para atacar á oposición. “Se quere facer partidismo, que utilice a sede do PP non a Presidencia da Xunta”,  indicou, ao tempo que lle recomendaba “deixar de facer o  ridículo con insultos propios dun profeta da post-verdade”.

 
 

 

 
 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/ana-ponton-feixoo-machismo-recortar-axudas-directas-vitimas-violencia-machista/20181130135456023336.html


© 2018 BNG - Bloque Nacionalista Galego

Bloque Nacionalista Galego
Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela
GALIZA
Correo: [email protected]
Teléfono: 981555850

facebook twitter youtube whatsapp telegram instagram flickr