Ana Pontón asistirá á concentración de apoio ás 19 de meirás convocada diante do xulgado de Betanzos

Ocupación simbólica do Pazo de Meirás
Ocupación simbólica do Pazo de Meirás

Realizaron a toma simbólica do pazo para reclamar a súa devolución é a familia Franco respondeu pedindo até 247 anos de prisión para o colectivo interpoñendo unha querela criminal

A portavoz nacional, Ana Pontón, trasladará o total apoio do BNG ás chamadas 19 de Meirás asistindo a concentración convocada para mañá venres ante o Xulgado de Betanzos, onde se inician as declaracións dos integrante deste colectivo tras a demanda criminal presentada pola familia do ditador e pola Fundación Franco.

O 30 de agosto de 2017 un grupo de activistas pola recuperación da Memoria Histórica realizaron unha toma simbólica e pacífica por sorpresa no pazo de Meirás para reivindicar a devolución deste patrimonio espoliado ao pobo galego.

Fronte a este acto reivindicativo do patrimonio galego a familia do ditador e a Fundación Franco reaccionaron presentando unha querela criminal na que se acusa ao colectivo dos 19 activistas de Meirás de diversos delitos pola realización desta acción, que poderían chegar até os 13 anos de prisión para cada unha das persoas denunciadas.

Colectivamente esta petición de pena de cadea podería sumar até 247 anos de prisión e unha multa de medio millón de euros de multa. O 28 de setembro, no xulgado de Betanzos, está prevista a primeira rolda de declaracións xudiciais, motivo polo que os  19 de Meirás convocan unha concentración de apoio e solidariedade que terá lugar ás portas do xulgado de Betanzos ás 10.30 horas.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG