Imprimir

Ana Miranda: “A porta de Europa sigue aberta tras a declaración do xefe de Seguridade da ERA”

BNG - Bloque Nacionalista Galego | 14 de novembro de 2018

Ana Pontón e Gabriel Rufián
Ana Pontón e Gabriel Rufián

A eurodeputada do BNG lamenta o veto por parte de PP e PSOE a súa asistencia como público á Comisión de Investigación

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, fixo unha primeira valoración da comparecencia do xefe de Seguridade da Axencia Ferroviaria Europea, Christopher Carr, e asegurou que “a porta de Europa sigue aberta”. Ademais Miranda lamentou que PP e o PSOE vetaran a súa asistencia á Comisión de Investigación, pese a ser a denunciante na Comisión Europea e quen lle suxeriu ao Presidente da Comisión de investigación, Feliu Guillaumes, a comparecencia do técnico da ERA

Precisamente o experto da ERA manifestou na súa intervención que no informe da CIAF non se fixo a avaliación de riscos e non se explicaron as causas profundas do accidente. Sinalou asemade que o procedemento de seguridade que esixe a normativa europea non estaba activo. 

“Estas consideracións ratifican a nosa tese”, salientou Ana Miranda as portas do Congreso, quen en xullo de 2017 presentou a denuncia contra o Estado Español por procedemento de infracción polo incumprimento da normativa de seguridade ferroviaria europea levado á Comisión Europea. Nestes momentos está pendente de resposta por parte do executivo comunitario.

Fase final

Para a eurodeputada nacionalista “estamos na fase final de que se faga xustiza e se eviten accidentes deste tipo”. Lembra asemade que o primeiro informe da Axencia Ferroviaria Europea (ERA) de xulio de 2013 -que cuestionaba a investigación feita pola CIAF, xa afirmaba que non se comprobara a avaliación previa de riscos, estado da via e do tren e que foi grazas a ese informe europeo, que tres días despois, a Audiencia Provincial da Coruña reabrira o caso citando a responsables técnicos de ADIF e RENFE.

“Hai xa demasiadas evidencias, incluídas as respostas de hoxe da Axencia Ferroviaria Europea no Congreso, nas que se indica que era necesaria unha avaliación específica de riscos  antes de por en marcha o tren Alvia e que circulara na liña onde se produciu a traxedia de Angrois”, sinala.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/ana-miranda-porta-europa-sigue-aberta-declaracion-do-xefe-seguridade-da-era/20181114192559023190.html


© 2020 BNG - Bloque Nacionalista Galego

Bloque Nacionalista Galego
Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela
GALIZA
CIF: G32014003
Correo: [email protected]
Teléfono: 981555850

facebook twitter youtube whatsapp telegram instagram flickr