Ana Miranda denuncia no Parlamento Europeo a persecución política do expresidente brasileiro Lula da Silva

acto apoio Lula
acto apoio Lula

A eurodeputada do Bloque Nacionalista Galego, Ana Miranda, participou hoxe nun acto de apoio ao ex-presidente de Brasil Inacio Lula da Silva, no cárcere desde o pasado sábado, xunto a diferentes europarlamentarios de distintos grupos políticos como GUE e Verdes-ALE, así como representantes do Parlasur. 

“Queremos denunciar o inxusto encarceramento do ex-presidente Lula por parte do xuíz Sergio Moro”, manifestou Miranda na súa intervención, ao tempo que asegurou que se trata dun “xuízo arbitrario” que forma parte dunha “forte persecución política e mediática, sobre todo desde TV Globo” que está vivindo o ex-presidente brasileiro .

Ana Miranda subliñou que esa persecución ten por obxectivo que Lula non volva ser candidato nas vindeiras eleccións debido a que un dos seus obxectivos fundamentais consistiu en “cambiar a axenda social de Brasil loitando contra a miseria e a pobreza”.

Neste sentido considerou ademais que  as relacións que teña o Parlamento con países de América do Sur “non pode ser con golpistas”. “Como deputada da esquerda nacionalista europea queremos que a democracia volva a Brasil e tamén queremos demostrar que diante desta situación Europa non cala”, engadiu.  

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG