Ana Miranda denuncia a inmoralidade de impedir o rescate de cen persoas polos dous barcos de Open Arms

Ana Miranda (Foto: Open Arms)
Ana Miranda (Foto: Open Arms)

A eurodeputada do BNG trasladouse co resto da delegación, desde o barco Astral até o Open Arms para coñecer as condicións de traballo do voluntariado

A eurodeputada do Bloque, Ana Miranda, denuncia hoxe desde o barco Astral, a inmoralidade que supón que cen persoas morreran esta mañá despois do naufraxio do barco no que viaxaban e que as autoridades negaran que as embarcacións da ONG Proactiva Open Arms prestaran axuda no seu rescate.

“As políticas europeas matan ao impedir que ONG’s poidan actuar in situ estando a menos de 12 millas das embarcacións das persoas migrantes”, subliña Ana Miranda, para quen é unha forma de actuar “absolutamente inmoral”. Ao seu xuízo as trabas administrativas que sofren continuamente as ONG provocan mortes constantes no Mediterráneo, converténdoo nun inmenso cemiterio. Segundo a Organización Internacional para as Migracións (OIM) 1.000 persoas faleceron no que vai de ano no seu intento de chegar as costas europeas.

Precisamente os eurodiputad@s participantes na misión, Ana Miranda (BNG), Miguel Urbán (Podemos) e Javier López (PSOE) se trasladaron esta mañá desde o Astral (barco no que realizan a travesía pola ruta migratoria) até o Open Arms para falar co persoal voluntario e coñecer de primeira man en que consiste o seu traballo e cales son os problemas máis habituais cos que se atopan na súa tarefa.

Ana Miranda lembra que o pasado mes de abril o Parlamento Europeo aprobou unha resolución na que se pide non criminalizar a axuda humanitaria e recoñecer o traballo que realizan as ONG. “Lamentablemente semella que a aprobación desta resolución non é mais que papel mollado”, comenta a eurodeputada galega.


 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG