Imprimir

Ana Miranda denuncia a actitude antidemocrática do presidente da Eurocámara por defender a Mussolini

BNG - Bloque Nacionalista Galego | 14 de Marzo de 2019

Ana Miranda (Foto: Delmi Álvarez)
Ana Miranda (Foto: Delmi Álvarez)

A eurodeputada do BNG critica que se corte a quenda de palabras en desacordo coas declaracións de Tajani en defensa de Mussolini

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, lamenta a actitude do eurodeputado alemán Rainer Wieland, que exercía as funcións de presidente, ao cortar a quenda de palabras pedidas para efectuar cuestións de orde ao inicio das votacións da sesión plenaria para rexeitar as manifestacións de Antonio Tajani sobre o ditador italiano Benito Mussolini.

“Atopámonos cunha situación antidemocrática que afectou a varias eurodeputadas e eurodeputados cando quixemos facer uso da nosa quenda de palabra. É intolerable”, explicou Ana Miranda, quen salienta asemade a gravidade das declaracións do presidente da Eurocámara, Antonio Tajani, xustificando actuacións de Mussolini.

Para o BNG non só é grave que se contraveña o espírito da Unión Europea ao tratar de “branquear” o fascismo, senón tamén polo incumprimento da Resolución contra o avance do fascismo en Europa aprobada na sesión plenaria do pasado 25 de outubro, da que Ana Miranda foi relatora, ao igual que a eurodeputada italiana Eleonora Forenza, a que tamén lle foi retirada a quenda de palabra.

A eurodeputada do Bloque considera que Tajani non é o exemplo de “presidente democrático, xusto e ecuánime que debería ser”, tanto no que respecta as súas manifestacións como no tocante as decisións arbitrarias de permitir uns actos, en concreto da extrema dereita española o pasado 6 de marzo, e prohibir outros.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/ana-miranda-denuncia-actitude-antidemocratica-do-presidente-da-eurocamara-mussolini/20190314161609024013.html


© 2019 BNG - Bloque Nacionalista Galego

Bloque Nacionalista Galego
Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela
GALIZA
Correo: [email protected]
Teléfono: 981555850

facebook twitter youtube whatsapp telegram instagram flickr