Ana Miranda acusa ao PP de non ten interese polo problema da corrupción ao ausentarse do debate

Ana Miranda. Foto: Delmi Álvarez
Ana Miranda. Foto: Delmi Álvarez

Os deputados populares responden con insultos e ataques ás criticas da eurodeputada do Bloque

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, acusou aos eurodeputados do Partido Popular español de non mostrar interese polos problemas que plantea a corrupción ao non estar presentes no debate da sesión plenaria de hoxe. “Sabe, señor comisario, canto custa a corrupción. Sabe quen era M. Rajoy? Aparece nos papeis do caso Gurtel, sobre a corrupción do Partido Popular?, indicou na súa intervención.

Ana Miranda lembrou que 1.700 causas, 500 imputados, pero só 20 persoas no cárcere, son as cifras que se refiren á corrupción do PP español. “M. Rajoy era o presidente que caeu por unha moción de censura e non fixo falta saber o dicía a sentencia do caso Gurtel para saber que o PP era corrupto en España. E mentres, a Comisión Europea, miraba para outro lado”, explicou ao tempo que recordou que en 2014, 2015 e 2016 a Comisión xa advertiu do uso dos fondos públicos, ao acadar un sobrecuste de 13.000 millóns de euros.

Ao sinalar que, pese a esta situación, só un dos deputados populares europeos estaba presente foi contestada polo señor Salafranca e posteriormente recibiu os ataques do señor Iturgaiz, chegado nese momento ao pleno, O primeiro deles acusou á eurodeputada nacionalista de manipular os datos de forma sectaria ao falar dos casos de corrupción no Estado español no seo do Parlamento Europeo, en tanto que no Estado español xa existen comisións de investigacións abertas.

Ao respecto Ana Miranda respondeu que, precisamente, se este tema é de interese para a cidadanía, quen expresa a súa preocupación como mostran os datos do CIS, é lóxico que se discuta na Eurocámara. “Como eurodeputada galega, que represento ao meu pobo pero tamén a cidadáns e cidadás que nos votaron no resto do Estado, teño a obriga de tratar aquí esta cuestión”, engadiu Miranda.

Vergonza de Europa

“Vostedes non son exemplo de nada. Non son adalides de nada. Están sendo a vergonza de Europa, entón traer un tema deste calibre aquí é o que corresponde”, subliñou a eurodeputada nacionalista na súa quenda de réplica xa que precisamente no ano 2017 o Estado Español obtivo o peor resultado no índice de percepción da corrupción elaborado por Transparencia Internacional.

“Para falar do Partido Popular vostede debería lavarse a boca antes”, espetoulle o deputado Iturgáiz a Miranda na súa quenda de palabra, recén chegado ao hemiciclo. “Unha rexión, señora Miranda, Galiza é unha rexión”, dixo o deputado do PP negando incluso que Galiza teña status de nación.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG