Ana Pontón

O actual marco enerxético é unha estafa colectiva que urxe mudar para estabilizar o sector industrial

Ana Pontón
Ana Pontón

O BNG pide que o Parlamento fixe unha posición de país para defender a continuidade e o 100% do emprego en ALCOA e  a tarifa eléctrica galega

O Goberno da Xunta comparecerá no próximo pleno, a través do conselleiro de Industria, Francisco Conde, para explicar a posición do Executivo galego ante o anuncio de peche de ALCOA, tal e como solicitou o BNG que, nesa comparecencia, proporá unha posición de país para evitar o peche da factoría e preservar o 100% do emprego.

A portavoz nacional, Ana Pontón, reclamou un cambio no marco enerxético e considera inconcibible que Feixóo e as forzas políticas estatais neguen a tarifa eléctrica galega que permitiría as empresas ubicadas no país beneficiarse de ser Galiza unha potencia enerxética.

“É indignante que nun país excedentario de enerxía eléctrica podamos ver 400 postos de traballo en risco, mentres o Goberno da Xunta e os partidos estatais seguen vetando unha tarifa eléctrica propia que nós permitiría abaratar o prezo da electricidade e mentres e mantén sen cambios o actual marco eléctrico”, indicou Pontón.

A dirixente do Bloque considera urxente mudar o marco normativo dos sistema eléctrico.   “É a maior estafa colectiva do século XXI e hai que facer un cambio que dea estabilidade ao noso sector industrial, conseguir que a produción de electricidade en Galiza serva para crear emprego e non para destruílo como pode suceder en ALCOA”, argumentou.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG