O BNG denuncia “falta de transparencia” nas subvención ao sector da automoción

Noa Presas
Noa Presas

Noa Presas denuncia a negativa do goberno a informar dos resultados do Programa Bono Emprego automoción para a formación e contratación de persoas desempregadas

A deputada do BNG, Noa Presas denunciou hoxe, a través dunha proposición non de lei, a negativa do Goberno galego para remitir os resultados do Programa Bono Emprega para a formación e contratación de persoas desempregadas no sector da automoción, así como todas as axudas ao sector concedidas durante a  X Lexislatura.

Para a deputada, “a falta de transparencia e información de axudas ao sector da automoción” impide avaliar se, en verdade, “os recursos públicos serviron e están servindo para fixar emprego de calidade” e sobre todo si están sendo útiles para evitar a “deslocalización”.

A día de hoxe, segundo o Clúster Galego, CEAGA, explicou Presas, a facturación no sector durante o  ano 2018 acadou 8.650M€, experimentando un descenso do 0,3% respecto do ano anterior. Ademais, a 31 de decembro, do mesmo ano, o sector contaba con 22.300 empregos directos,  o 13% do emprego no sector industrial galego.  

Para o BNG, afirmou a nacionalista, o sector debe ser prioritario e precisa  políticas de apoio dende os poderes públicos, sobre todo durante a crise económica por iso insistimos na importancia dos incentivos económicos pero tamén queremos “avaliar a súa efectividade” con especial atención na  “deslocalización” de empresas.

No final da X lexislatura, explicou a deputada,  o BNG solicitou información concreta sobre 34 empresas  e non obtivo resposta:  O dous de decembro,  do ano 2016 na primeira comisión de Industria da lexislatura preguntamos ao goberno por esta cuestión e o Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria respondeu que non faría unha relación  pero afirmou que as subvencións alcanzaron máis de  40 millóns de euros a través do IGAPE e AGAIN.

Precisamos datos para avaliar a repercusión que teñen na fixación de emprego e tecido empresarial nun contexto no que:” non parou a deslocalización cara outros centros de produción, como é o norte de Portugal, cambios no sector que deben ser unha oportunidade e non unha desculpa para reducir produción, aumento da precarización do sector cun aumento de emprego  temporal e con rotación”.
Neste sentido, Presas lembrou que estes días se están producindo mobilizacións en Citroën para denunciar os abusos laborais e salariais da multinacional.

A deputada do BNG  rematou  a súa intervención reiterando a “falta de transparencia”  e preguntou que ten que ocultar o goberno de Feixóo para non dar información sobre os recursos públicos que destina ao sector da automoción?.

A nacionalista anunciou que o BNG presentará novas iniciativas co fin de coñecer os datos que de maneira reiterada o ”Goberno do PP nos está a negar”.

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG