XERAIS 2019

Voto por correo residentes

xerais2019
xerais2019
Voto por correo residentes

Todo/a elector/a que desexe exercer o seu dereito a voto por correo debe persoarse diante de calquera Oficina de Correos, e solicitará o certificado de inscrición á Delegación Provincial da Oficina do Censo Electoral (OCE) correspondente, en impreso oficial fornecido nas propias Oficinas de Correos. A solicitude dos certificados pode efectuarse desde o día 6 de marzo até o 18 de abril.

O/A elector/a deberá identificarse co seu documento de identidade (non se admite fotocopia do mesmo), e a funcionaria/o de correos comprobará a súa identidade e a coincidencia da sinatura que figura no documento de identidade coa da solicitude.

Unha vez cumprimentada a solicitude, envíase por correo certificado á Delegación Provincial da OCE, a cal –comprobada a inscrición do elector/a- realiza a anotación correspondente no censo, coa finalidade de que o día das eleccións non se realice o voto persoalmente. É importante sinalar que o inicio da tramitación do voto por correo –aínda que despois se desista- impide o voto en mesa electoral o día das eleccións.

2. Remisión da documentación ao/á elector/a:

No prazo comprendido entre o 8 de abril ao 21 de abril, a OCE enviará ás/aos solicitantes do voto por correo a documentación electoral. O envío realízase por correo certificado, ao enderezo sinalado polo elector/a na solicitude de inscrición do censo electoral, ou no seu defecto (se non consta o enderezo), ao enderezo que figura no censo electoral.

A Delegación Provincial da OCE envía ao/á elector/a o certificado de inscrición no censo, as papeletas e sobres electorais, o sobre no que figura a dirección da Mesa electoral na que lle corresponde votar ao solicitante do voto por correo, e un folla explicativa de todo o proceso.

A recepción da documentación será recibida e asinada persoalmente polo/a interesado/a, acreditando a súa identidade ao/á funcionario/a de correos que lla entregue. Se non se encontra no enderezo o/a interesado/a, o/a funcionario/a de correos deixa aviso ao/á interesado/a para recoller persoalmente a documentación electoral nas Oficinas de correos, acreditando a súa identidade. Quer dicir, que os/as funcionarios/as de correos non poden deixar a documentación no enderezo a familiares, amigos/as, ou calquera outra persoa que non sexa o/a solicitante do voto por correo.

3. Envío do sobre coa papeleta de voto.

Coa documentación electoral no seu poder, o/a elector/a, elixe a papeleta de voto e introdúcea no sobre branco sen marcas, chatas, ou manipulacións. De seguido, este sobre e máis o certificado de inscrición no censo electoral introdúcese no sobre que contén o enderezo da mesa electoral, e envíase por correo certificado e urxente antes do día 24 de abril.

Todo o proceso descrito é gratuíto para os/as electores/as.