XERAIS 2019

Voto por correo das persoas residentes temporais no estranxeiro

xerais2019
xerais2019
Voto por correo das persoas residentes temporais no estranxeiro

A normativa electoral establece o dereito de exercer o voto por correo ás persoas que viven no estranxeiro (fóra do Estado español) temporalmente e estean inscritas no censo de residentes temporais (estudantes, [email protected] temporais, etc).; en ningún caso poderán votar na eleccións municipais @s residentes ausentes permanentes no estranxeiro (CERA).

1. Solicitude do voto.

As persoas interesadas deberán solicitar o voto nos Consulados de carreira e Embaixadas antes do 30 de marzo.

Nas propias oficinas consulares poden recoller o formulario oficial de solicitude, ou ben descargalo en internet, (a data de hoxe aínda non está dispoñíbel para a súa descarga).

2. Solicitude de voto e remisión da documentación electoral ás/aos residentes ausentes.

O envío da documentación necesaria para exercer o dereito de voto de residentes ausentes realizarase desde o 8 de abril polas Delegacións Provinciais da OCE, e conterán a seguinte documentación:

  • Certificado de inscrición no censo.
  • Sobres de votación.
  • Papeletas de votación en branco, que deberán cubrir coa denominación e siglas da candidatura á que van votar: BLOQUE NACIONALISTA GALEGO – BNG.
  • Unha copia das páxinas do BOP onde figuren as candidaturas presentadas no concello.
  • O sobre co enderezo da mesa electoral onde lle corresponde votar ao elector.
  • Folla explicativa de todo o proceso.
  • Un impreso oficial para solicitar, no seu caso, o reintegro dos gastos de franqueo.

3. Envío do sobre que contén o voto por parte do elector.

Até o día 24 de abril poden remitir os seus sobres contendo as papeletas electorais (cubertas coa candidatura á que desexan votar) por correo certificado ás mesas electorais, de xeito similar ao establecido para o voto por correo ordinario. Poden acrecentar dentro do sobre exterior (non do sobre de votación) o impreso para que lle sexan reintegrados os custes do envío. Debe salientarse que nos sobres certificados tamén haberá de constar un carimbo ou inscrición oficial, ou dunha Oficina de Correos do Estado estranxeiro, que acrediten e exercicio do dereito do voto antes do vencemento do prazo sinalado.