O BNG consigue regular por Lei unha prestación económica para vítimas de violencia de xénero e trata

Carme Adán

A Proposición de lei defendida pola deputada do BNG, Carme Adán para acceder á prestación económica periódica a mulleres vítimas de violencia de xénero e de trata, acadou a unanimidade no Parlamento galego. A Lei iniciará o seu trámite incluíndo solicitar as axudas en “calquera momento do ano”

Adán defende a Lei para acceder á prestación por violencia de xénero e trata

 

A parlamentaria do BNG, Carme Adán reclamou hoxe, a través dunha proposición de Lei, regular unha prestación económica “de carácter periódico” para as mulleres que sofren violencia de xénero incluíndo ás mulleres “vítimas de trata”.

 

 

 

 

As prestacións económicas poderán ser solicitadas en calquera momento do ano

 

 

 

 

A proposición de lei defendida pola deputada do BNG acadou o acordo unánime da Cámara para a súa tramitación. Pola súa parte, o Partido popular aceptou que as axudas podan ser solicitadas durante todo o ano e incluír na prestación ás mulleres vítimas de trata.

 

Carme Adán

 

Adán cita a Odisea para evidenciar o silencio das mulleres na historia

 

 

Tras dar a benvida á presidenta da Asociación “Si hai saída”, Marta Rodríguez presente no debate, Adán comezou a súa intervención cunha cita da Odisea recollida do libro de Margaret Atwood, Penélope y las doce criadas: "Así, enlazando a corda dun navío de azulada proa a unha elevada columna rodeou con ela o pavillón tensándoa a unha boa altura, de modo que ningunha chegara cos pes ao chan... Así, elas quedaron penduradas coas súas cabezas en fila, e en torno aos seus pescozos anudaron os lazos, para que morreran do modo máis lamentábel. Axitaron os pes un pouco, mais non longo tempo". Odisea, canto XXII. A parlamentaria explicou que comezaba con esta cita para evidenciar que a desigualdade que suca as vidas de homes e mulleres ten “unha orixe histórica, cultural e simbólica” e porque o rapsoda considera que as doce criadas que alimentaban, que lavaban e coidaban aos príncipes, só merecían “unhas escasas liñas”.

 

 

Comezo con esta cita, reiterou para evidenciar a violencia “invisible e invisibilizada das mulleres” e preguntar a que se debe a orixe desa violencia. A discriminación ven cun constructo cultural como forma de entender as relación entre homes e mulleres. Adán reivindicou a importancia de nomear a violencia contra as mulleres para “pensala, coñecela e lexislar” porque non é un problema individual, recalcou é “un problema social que debe ser superado”.Marta Rodríguez

 

 

 

 

Datos do ano 2015 sobre violencia de xénero

 

 

 

 

 A parlamentaria tamén aludiu á última enquisa do ano 2015 no Estado español sobre violencia de xénero con cifras que reflicten que o 10´7% das mulleres sufriron violencia física, o 8´1% violencia sexual, 25% violencia psicolóxica, 21,9% violencia persoal e o 10´8% violencia económica por parte da súa parella ou ex-parella ao que sumou a violencia física fora da parella nun 11% e a violencia sexual nun 7%. Estes, manifestou Adán, son datos que evidencian a magnitude da que estamos falando e de como a violencia física, psicolóxica, sexual, económica e emocional “atravesa a vida de miles de mulleres”.

 

Carme Adán e o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda

 

Pola súa parte, a deputada popular, Rosa Oubiña anunciou o voto favorable ao texto nacionalista, baixo a modificación dos puntos relativos a unha regulación, semellante a RISGA, para solicitar a prestación económica “en calquera momento do ano” e introducir ás mulleres vítimas de trata nesta prestación económica, modificación que a nacionalista aceptou.

 

 

Carme Adán concluíu a súa intervención afirmando que “cada paso que damos, cada acordo ao que chegamos resulta crucial” porque hai trinta anos non se nomeaba a violencia de xénero e hoxe “estamos lexislando” e tomando medidas para erradicala.

 

 

A proposición de Lei do BNG continúa agora o seu trámite parlamentario para a súa aprobación.

 

 

 

 

Máis en Parlamento Galego
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG