Rosana Pérez presenta unha proposición para que se evite o peche de Santa Bárbara A Coruña

A deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez, presentou na Cámara unha proposición non de lei na que demanda ao Goberno que dialogue con General Dynamics para impedir o peche da fábrica de armas de A Coruña.

Ademáis, insta ao Executivo central a realizar un Informe para ver o grao de incumprimento por parte da multinacional norteamericanda dos compromisos adquiridos no Contrato de compra venda de Santa Bárbara asinado coa SEPI en 2001.

Outra das cuestións que plantexa a deputada do BNG é a de que o Goberno requira ao grupo General Dynamics a elaboración dun Plan Industrial que contemple a diversificación da súa producción, abríndose ao mercado da producción civil e introducíndose en sectores como o aeronáutico, que permitan garantir carga de traballo e manter os postos.

Non esqueza Rosana Pérez a necesidade de que o grupo empresarial negocie cos representantes sindicais a situación dos traballadores e as posíbeis solucións que non pasen polo despedimento de 700 traballadores.

O Goberno non pode desentenderse de Santa Bárbara como se non fose con eles cando a privatizou o PP

A deputada do BNG lembra que a fábrica de A Coruña conta con 172 traballadores e subliña que o Plan da empresa contempla só o peche do centro coruñés. Nos demáis centros procédese ao despedimento de traballadores sen pechalos.

Rosana Pérez refírese aos pronunciamientos feitos polo Ministerio de Defensa, “desalentadores a pesar de ser o propietario das instalacións da factoría coruñesa, empresa pertencente á SEPI até a súa venda a General Dynamics durante o Goberno do PP presidido por José María Aznar no ano 2001.

A parlamentar do BNG solidarízase cos traballadores de Santa Bárbara que estes días realizaron un peche nas súas instalacións en protesta polo peche do centro.

A deputada nacionalista pón de manifesto que existen saídas e solucións pero pasan porque General Dynamics cumpra cos compromisos estabelecidos no proceso de venda que lle obrigaban a garantir carga de traballo, realizar investimentos e melloras tecnológicas. Mais durante estes doces anos o únicos cliente foi o propio Ministerio de Defensa. Rosana Pérez critica a falla de control por parte dos distintos Gobernos centrais sobre o cumprimento por parte do grupo norteamericano das condicións sinaladas no

Contrato. “Algo que o BNG advertiu en numerosas ocasións”.

Rosana Pérez pide a implicación do Ministerio de Defensa e do de Industria porque o sistema de financiamento dos programas de armamento é o resultado da colaboración entre o Ministerio de Defensa e o de Industria.

Remata a deputada do BNG pedindo a implicación do Ministro de Defensa “home moi relacionado co sector armamentístico posto que foi director xeral para España da multinacional de misís MBDA”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG