Rosana Pérez pide ao Goberno que aclare os prazos para o buque da Armada destinado a Navantia

DSC_0563A deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez, presentou unha iniciativa parlamentar na Cámara para pedirlle ao Goberno que diga a data concreta de inicio da construción do buque da Armada para Navantia Ferrol xa que no anunciou do presidente da SEPI nada se dixo.

Ademáis, Rosana Pérez quer que o Goberno explique a canto traballadores do naval de Ferrol vai empregar e cantas horas de traballo vai xerar.

A deputada do BNG refírese na súa iniciativa ao anuncio realizado pasado 7 de maio en Santiago por parte de Ramón Aguirre e o Presidente da Xunta sobre que Navantia construirá dous buques de Acción Marítima (BAM) para a Armada Española, un deles para Ferrol e o outro para Cádiz. Un encontro no que non se aclararon os prazos temporais, xa que Ramón Aguirre só sinaldou que “será despois de verán”.

Ambigüedade calculada por parte do Goberno que sempre prexudica aos estaleiros de Ferrol

Rosana Pérez critica que “”se fixera un anuncio revestido de enorme pomposidade, un día antes da apertura da campaña eleitoral, e do que nada se especificou, seguimos sen concreción de datas de inicio”. Advirte que “despois da perda dos catro gaseiros de Gas Natural, de xogar ao gato e ao rato co quinto gaseiro, finalmente foi para Cádiz”.

Para Ferrol, recalca, vai un buque da Armada. “Fica ás claras a situación de desventaxa que sofre o naval galego, que se debe conformar cunha carga de traballo de segunda categoría. O Goberno xogou á ambigüedade calculada co quinto gaseiro, para nun acto de evidente sabor pre eleitoral anunciar un gaseiro para Cádiz e un pequeno buque para Ferrol”.

Cando vai aprobar o Consello de Ministros os buques para a Armada?

A deputada do BNG censura a maneira de proceder do Executivo “con manobras de distración”. E pón de manifesto que co buque da Armada non se solucionan os graves problemas de falla de traballo para os estaleiros da Ría de Ferrol xa que hai miles de traballadores agardando poder traballar. “O buque da Armada é claramente insuficiente, e o Goberno debería dar a batalla na UE polo dique flotante e polo levantamento do veto sobre Navantia”.

Razóns polas que dirixe unha batería de preguntas ao Goberno para coñecer a concreción desta construción e para coñecer as previsións futuras de proxectos:

“En qué data se van comezar os traballos de construción do buque da Armada? Que proceso burocrático se debe seguer? Cando o vai aprobar o Consello de Ministros? Antes de verán? Abandonou definitivamente o Goberno o proxecto de construción dun dique flotante na Ría de Ferrol? Desistiu de peder na UE o levantamento do veto sobre Navantia Fene?”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG