Pontón, cos traballadores e traballadoras que sofren a precariedade da externalización de Frigolouro

Manifestación en defensa dos traballadores e traballadoras externalizados de Frigolouro

Ana Pontón na manifestación a favor dos e das traballadoras externalizadas de Frigolouro

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou na manifestación celebrada no Porriño para denunciar a situación de precariedade e explotación laboral que sofren os traballadores e traballadoras que Frigolouro ten externalizados a través da cooperativa Servicarne, que presta servizo en exclusiva a factoría cárnica do Grupo Coren.

Pontón mantivo un encontro cunha representación dos afectados e das afectadas por unha situación de absoluta precariedade laboral, sen horarios nin salario mínimo fixo, sen dereito a vacacións, sen prestación algunha en causa de baixa ou accidente de traballo, obrigados a pagar as cotas de autónomos mesmo no en caso en que, por razóns de produción, non reciban remuneración.

“É un exemplo dramático de absoluta precariedade consecuencia da reforma laboral do PP que, como vemos no caso de Servicarne, legaliza unhas relacións de traballo inxustas e insoportables que supoñen unha auténtica explotación”, denunciou a dirixente nacionalista.

A tamén deputada avanzou que o Parlamento galego abordará este mesmo venres a situación das 224 persoas que traballan para Frigolouro desde Servicarne, a través dunha iniciativa do BNG que será debatida na Comisión de Sanidade, para que a Xunta explique que medidas vai adoptar neste conflito laboral.

Reunión cos traballadores e traballadoras afectadas polo coflito Frigolouro

En concreto, o Bloque quere que o goberno galego explique se ten aportado axudas públicas a unha empresa que, como Frigolouro, practica a externalización de persoal en condicións de ”explotación laboral”, por que non intervén a inspección laboral nun conflito que xa se traduciu en cinco despedimentos, onde a protesta se penaliza con multas de ata 300€ e no que o cadro de persoal está en folga indefinida desde o 18 de marzo.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG