O Pleno de Teo aproba a moción do BNG na que se propón finiquitar a monarquía

O BNG demanda un proceso constituínte no que se recoñeza o dereito a decidir dos pobos

Concelleir@s do BNG en TeoO Pleno de Teo aproba a moción do BNG na que se solicita o apoio para superar o modelo institucional do Estado español e recoñecer o dereito a decidir.

A abdicación do Rei é a oportunidade para abrir un novo proceso constituínte no que a monarquía sexa substituída pola república, no que se recoñeza o dereito a decidir das nacións sen estado como Galiza, que permita pór fin á un réxime herdado do franquismo e se limpen as institucións de corrupción.

Un novo proceso constituínte no que a clave é unha profunda democratización das institucións nun marco que só pode ser republicano, que remate coa corrupción sistémica, -incluída a propia Monarquía-, que recoñeza a realidade das nacións que hoxe son negadas polo Estado español, incluído o dereito a decidir e, no caso de Galiza, que recoñeza o dereito a existir dun Estado galego.

Chegou o momento de rematar definitivamente coa herdanza do franquismo, dun réxime baseado nunha transición controlada pola oligarquía e polo exército. Por isto, o BNG non vai aceptar “un cambio cosmético”, unha simple reforma dunha institución recuperada polo franquismo.

A reforma de 1978 consagrou un réxime que agora esta en crise que non pode pecharse cun simples cambio cosmético, cun cambio de caras nunha institución recuperada polo franquismo.

Non se pode bloquear o movemento cidadán que reivindica democracia real, o recoñecemento das nacións e do dereito a decidir.

En consonancia con isto, o BNG propón no Pleno de Teo acordar que se inste á Xunta de Galiza a que demande do Goberno do Estado español o inicio dun proceso constituínte onde as nacións sexan o referente político, para garantir o dereito de autodeterminación dos pobos que conforman o Estado español recoñecendo o noso dereito a decidir.

A moción foi rexeitada por PP e INTEO, e contou coa abstención dun PSOE que se considera republicano e federalista, na teoría.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG