Davila acusa ao PP de facer unha reforma do Aborto "inxusta e arbitraria" que desprotexe ás mulleres

OLAIA ESCANO 3A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, axusou este mediodía ao PP de aprobar unha reforma da Lei de Aborto “inxusta e arbitraria porque non resposta a unha necesidade social nin a unha demanda maioritaria”.

Dado que a reforma da Lei do Aborto do PP é unha proposición de lei orgánica, após do seu debate a semana pasada en Comisión, tivo que voltar a ser debatida no Pleno antes de viaxar ao Senado.

A deputada do BNG demandou manter a Lei vixente desde 2010 exactamente igual porque é unha lei que funciona.

No que atinxe á modificación realizada polo PP, a parlamentar nacionalista desmontou as manipulacións do Goberno nun tema que está contemplado pola lei vixente e regulado. “Á vista da realidade da posta en marcha da lei, as menores de entre 16 e 17 anos que interrumpiron os seus embarazos, fixérono nun 90% acompañadas dos seus proxenitores. E a porcentaxe restante do 10% que non estiveron acompañadas, estaban debidamente acreditadas por problemas de convivencia familiar”.

Un exercicio de oportunismo eleitoral

Davila manifestou que o “que se vai facer é o resultado dun acto de grave inxustiza. Van deixar a estas mulleres na maior das desprotecións, despois de que non contan coa proteción dos seus proxenitores. “Quedarán desamparadas”.

A parlamentar nacionalista criticou a hipocresía do Goberno por estabelecer “unha lei arbitraria que non resposta a unha necesidade social nin a unha demanda maioritaria, só resposta a unha demanda dunha minoría minoritaria. É un mero exercicio de oportunismo eleitoral. E hoxe estamos perante unha inxustiza”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG