O BNG tilda de "raquíticos" os orzamentos para Educación, Cultura e Lingua galega

Cosme Pombo cuestionou “a execución” dos “orzamentos expansivos” que defende Educación tendo en conta a baixa execución dos anteriores exercicios

Ana Pontón na comisión de Educación e Cultura

Tras a comparecencia do conselleiro de Educación e Cultura Román Rodríguez para presentar os orzamentos, o deputado do BNG, Cosme Pombo explicou que din ser expansivos baséanse no gasto non financeiro medrando 365 millóns de euros pero o goberno “calou a propósito” que os recortes da era Feijóo superan os 9.000 millóns “superexpansivos” fronte ao que nos presentan hoxe.

Orzamentos “raquíticos” para Cultura e lingua galega

Ula! a expansión, preguntou o nacionalista se nos restan máis 9.500 millóns de euros por recuperar despois da “catástrofe” que provocou o goberno do Partido popular. Para o BNG, o que vostedes anuncian é “unha onda expansiva” que queda despois da “bomba” dos recortes continuados e que a pesar das contas para o 2016 “non recuperaremos”.

Pombo tamén se referiu a débeda pública que cifrou en 10.210 millóns de euros a pagar “polos que veñan detrás”, máis 3.054 millóns de euros de débeda “en diferido” coa privada que tamén afecta á Consellería de Educación.

Para o BNG estes orzamentos responden a “propaganda, publicidade e papel mollado”. No ano 2012 lembrou o nacionalista, os orzamentos eran expansivos con máis de 150 millóns de euros que finalmente quedaron en “nada”. No 2014, engadiu, só foron executados o 72% e en transferencias de capital un 68%.Sobre o gasto social, o nacionalista asegurou que o PP non o prioriza.Ana e Cosme 2

O deputado tamén sinalou que os orzamentos en Educación evidencian “o final de ciclo político do PP que tenta salvar a cara diante das eleccións” a base de con propaganda, publicidade e papel mollado, reiterou.

O parlamentario advertiu que os actuais orzamentos inclúen unha oferta de emprego publico de 1.000 prazas fronte “as 4.000 xubilacións que se produciron”. O deputado felicitou aos traballadores do ensino que son, na súa opinión, os que verdadeiramente manteñen o sistema educativo “con moita abnegación”.

O deputado anunciou a presentación dunha emenda de devolución aos orzamentos de Educación por considerar que non garanten, de maneira suficiente, “a calidade”, son “raquíticos para a cultura galega”, e preguntou que terá a consellería contra a cultura e lingua galega que presenta unhas contas que “consolidan a súa asfixia económica”.

Cidade da Cultura

O deputado afirmou que a partida dedicada á Fundación da Cidade da Cultura, 11,4 millóns de euros, representa “un volume de gasto desproporcionado” tendo en conta que resulta ser o dobre do que a consellería dedica a defender e fomentar a lingua galega. O Bosque de Galiza, 450.000 euros mentres para a edición do libro galego 348.000 euros, bibliotecas de Galiza 160.000 euros, feiras do libro 150.000, Museo do Pobo Galego 200.000 euros, pero “para o Bosque de Galiza 450.000 euros”.

Patrimonio

Para a conservación do patrimonio, 2,3 millóns de euros fronte o 1,5 millóns para urbanizar a Cidade da Cultura. A nós parécenos que se prioriza “o pozo” no que se enterran os cartos da cultura do noso país, recalcou.

 

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG