O BNG pide que a Federación Galega de Fútbol rectifique e tramite as fichas dos nen@s adoptados

O BNG cualifica o proceder de “vulneración de dereitos fundamentais d@s menores galegos” polo que reclama de inmediato a tramitación das fichas deportivas dos nenos e nenas adoptados

Carme Adán

As deputadas do BNG, Carme Adán e Tereixa Paz presentan diversas iniciativas ante o que consideran “unha grave vulneracións dos dereitos fundamentais d@s menores” que a Federación Galega de Fútbol “impida aos equipos tramitar as fichas dos nenos e nenas adoptados”

As deputadas salientan que a Federación esixe ao equipos documentación complementaria dos menores adoptados por considerar que son xogadores españois non de orixe.

Tal como recolle o Código Civil Español non articulo 19.1, o estranxeiro menor de 18 anos adoptado por un español adquire, desde a adopción a nacionalidade española de orixe polo tanto a Federación galega de Fútbol está “vulnerando os dereitos adquiridos polos menores e refrendados pola Constitución.

As parlamentarias interpelarán ao Goberno sobre o que consideran unha “situación incomprensible” e preguntarán que medidas vai adoptar para resolver “de inmediato” o acontecido.

Asemade, as nacionalistas reclamarán, a través dunha Proposición non de lei, que o Parlamento inste ao Goberno a abrir unha investigación dende o departamento de menores sobre a situación provocada pola Federación galega de Fútbol que será remitida á Fiscalía de Menores para estudar medidas reparadoras e sancionar á Federación por non tramitar, a día de hoxe, as fichas lexitimas d@s xogadores/as.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG