GALEGAS 2020

A Xunta Electoral obriga ao PP a retirar ou modificar o seu vídeo de campaña logo da denuncia do BNG

Captura vídeo PP
Captura vídeo PP
Decreta a supresión das bandeiras e emblemas da Xunta que aparecen no spot electoral dos populares para o 5A
A Xunta Electoral obriga ao PP a retirar ou modificar o seu vídeo de campaña logo da denuncia do BNG

A Xunta Electoral de Galiza volve dar a razón ao BNG a través dunha resolución na que estima parcialmente a reclamación presentada pola formación nacionalista contra o vídeo de campaña do PP con banda sonora de Los Limones. Un vídeo no que unha vez máis o partido do candidato Feixóo xogaba a confusión interesada utilizando de xeito partidista supostos logros do Goberno adornado cunha profusa utilización da simboloxía institucional.

A XE emitiu hoxe unha resolución en relación a este asunto na que ordena ao PP “a retirada ou modificación do vídeo Galicia é moito coa supresión das bandeiras e dos emblemas da Xunta, retirada que, en todo caso, deberá realizarse á maior brevidade posible”.

O BNG advirte ao PP que non vai permitir que utilice as institucións dunha maneira partidista para facer campaña electoral dopado, e que non vai conseguir amordazar ao Bloque por moito que responda con contradenuncias que a dirección nacionalista atribúe ao “cabreo” ante o empeño do BNG en evitar vantaxismos do PP de cara a cita electoral do cinco de Abril.

 

A Xunta Electoral obriga ao PP a retirar ou modificar o seu vídeo de campaña logo da denuncia do BNG