A Xunta confirma ao BNG que a concesión de fondos á Fundación Cipri Gomez está en Fiscalía

Noa Presas
Noa Presas

A través dunha pregunta formulada pola deputada do BNG, Noa Presas  sobre a “ralentización da auditoría” dos recursos públicos para o Centro de Tecnificación, deporte, lecer e formación da Fundación Cipri Gomez, o Director xeral de ordenación Forestal confirma que o proceso está en Fiscalía

A deputada do BNG formulou hoxe  unha pregunta  sobre as condicións de cesión para  uso do antigo instituto de Viana do Bolo á fundación privada, Cipri Gomez no  2012,  naquel momento gobernado o concello  polo alcalde, Andrés Montesinos que cedeu  a “título gratuíto” o antigo instituto á fundación a través dun “procedemento escurantista” e ás costas da veciñanza de Viana e seus representantes políticos. A concesión por 30 anos representa, en opinión da nacionalista, “unha privatización encuberta” da infraestrutura pública.

Pasado un ano, engadiu, continuamos sen resultados sobre a cesión e utilización dos fondos europeos da  Fundación Cipri Gomez beneficiada con 200.000 euros dos programas Leader. Presas lembrou que a entidade foi xudicializada  “por fraude e delito continuado de falsidade en documento mercantil” polo que volveu a preguntar: si a Xunta coñece as funcións comprometidas pola Fundación para xustificar  os recursos económicos concedidos a través da Agader e os fondos Leader.

A XUNTA  CONFIRMA QUE OS FONDOS DA FUNDACIÓN CIPRI GOMEZ ESTÁN SENDO INVESTIGADOS POR FISCALIA

Pola súa parte, o  Director xeral de Ordenación Forestal, Tomás Fernández Couto afirmou que o procedemento se atopa na Fiscalía ao que a deputada respondeu que de ser así, “estamos ante un caso grave” polo que  preguntou se a Xunta ten previsto pedir a devolución dos fondos.

A deputada criticou as escusas da Xunta de Galiza para non levar adiante “unha auditoría” cando en realidade era coñecedora da investigación da fiscalía “ ocultando esta información”:

 
 
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG