Ana Pontón

Xa non valen máis escusas, Feixóo ten que rectificar e reabrir o paridoiro e urxencias pediátricas do Hospital de Verín

Ana Pontón
Ana Pontón
Afirma que a medida afecta aos dereitos fundamentais das mulleres e da infancia e encubre intereses económicos

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón pide a Feixóo que rectifique e reabra o paridoiro e urxencias pediátricas do hospital de Verín”. Pontón recalca que xa “non valen máis escusas” e o peche dos servizos afectan aos dereitos das mulleres e da infancia.

Para a nacionalista, a decisión  de pechar o paridoiro e urxencias pediátricas é “unha decisión política” que agocha “intereses económicos”. Pontón explicou que  non é casual o anuncio da apertura dun paridoiro privado  na localidade portuguesa  de Chaves ao tempo que pecha  paridoiro público de Verín. Feixóo, dixo, non defende os intereses das mulleres nin da infancia e exerce na práctica de “intermediario da sanidade privada”.

A portavoz nacional do BNG recalcou que coa sanidade pública “non se xoga” nin tampouco coa vida das persoas polo que volveu a reclamar a Feixóo que “rectifique”, que non utilice máis escusas e reabra o paridoiro e as urxencias pediátricas do Hospital de Verín.

Declaracións realizadas na habitual rolda de prensa que a portavoz nacional  do BNG ofrece os luns no Parlamento galego.
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG