Unha vintena de delegacións internacionais no Día da Patria

Unha vintena de delegacións internacionais confirmaron a súa asistencia este mércores á celebración da Día da Patria, que este ano o BNG convoca baixo o lema Rescata os teus dereitos. En Bloque Podemos!

O BNG, que anima a todos os galegos e galegas a que participen para facer deste 25 de Xullo unha xornada histórica, estará arroupado na Quintana por representantes de Esquerra Republicana de Catalunya, Compromís, Bloc Nacionalista Valenciá, Partit Socialista de Mallorca, Coalición Canaria, Aralar, a esquerda abertzale, Eusko Alkartusana, Bloco de Esquerda e Partido Comunista Português, entre outros.

Asemade, enviarán saúdas o PNV, a Chunta Aragonesista, Geroa Bai, Nueva Canarias, Partido dos Trabalhadores, Fronte Popular para a Liberación de Palestina, Sinn Fein e Plaid Cymru.

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG