CONGRESO

Valoración do BNG sobre o discurso pronunciado polo candidato do PSOE á presidencia do goberno

Néstor Rego
Néstor Rego

Néstor Rego afirma que “é un discurso cun programa orientado en chave social, mais que en moitos aspectos fica inconcreto, vago e a medio camiño das políticas transformadoras”

Valoración do BNG sobre o discurso pronunciado polo candidato do PSOE á presidencia do goberno

A xuízo do BNG o discurso feito polo candidato do PSOE á presidencia, Pedro Sánchez, desvenda un programa con chave social “mais que en moitos aspectos fica inconcreto, vago e a medio camiño das políticas transformadoras” afirma Néstor Rego.

Entre os aspectos nos que discrepa o Bloque Nacionalista Galego está a aposta por manter o modelo unitario do Estado sobre o marco constitucional e autonómico, frente o necesario recoñecemento do seu carácter plurinacional, como o é Galiza.

O deputado salienta que o BNG espera que o candidato do grupo socialista cumpra estrita e dilixentemente o compromiso que ten establecido coa formación nacionalista en relación á Axenda Galega.

Valoración do BNG sobre o discurso pronunciado polo candidato do PSOE á presidencia do goberno