COMUNICADO DA EXECUTIVA DO BNG

Valoración das eleccións catalás do 14 de febreiro

Diada 2019
Diada 2019
Valoración das eleccións catalás do 14 de febreiro

Diante do resultado das eleccións celebradas en Catalunya no día hoxe, desde a Executiva Nacional do Bloque Nacionalista Galego queremos:

  1. Pór de manifesto, máis unha vez, a anomalía democrática que supón que líderes políticos teñan que facer campaña electoral desde o exilio ou indo a durmir a unha prisión ao estar privados de liberdade por defender as súas ideas políticas e tentar levar á practica desde o Govern, un mandato popular saído democraticamente das urnas.
     
  2. Parabenizar ao pobo de Catalunya pola organización, con todas as medidas de seguranza, dunhas eleccións no medio desta terceira onda da pandemia da covid-19, nunha data obrigada pola xustiza española e en contra do criterio das e dos técnicos sanitarios e do Govern de Catalunya e que tivo unhas claras consecuencias na baixa participación.
     
  3. Parabenizar a Esquerra Republicana de Catalunya (ERC), a la Candidatura d´Unitat Popular (CUP) e Junts per Catalunya (JxC) polos seus respectivos resultados electorais e por conseguir que o bloque soberanista volva gañar as eleccións en Catalunya e aumentar a súa representatividade ao pasar de 70 deputadas e deputados a 74 e superar o 50% dos votos.
     
  4. O resultado saído das urnas esta noite en Catalunya é crucial para o futuro dese país, mais tamén é moi importante para o futuro do resto de nacións sen estado, como Galiza.
     
  5. O pobo catalán demostrou máis unha vez, que a súa determinación cara a consecución do dereito de autodeterminación é firme e permanente. O estado español non pode seguir mirando cara outro lado e ignorar e menosprezar o que pobo de Catalunya ten reiterado en tantas ocasións nas urnas: poder decidir libre e democraticamente o seu futuro.
Valoración das eleccións catalás do 14 de febreiro