Unanimidade á proposta do BNG para reclamar a transferencia da AP-9

A deputada do BNG, Ana Pontón denunciou que AP-9 é unha mostra da privatización de Aznar das infraestruturas e unha “hipoteca moi cara ” que pagamos todos os galegos e galegas e congratulouse do voto favorable do PP á Proposición de lei nacionalista que reclamaba a súatranfesrencia  á Xunta de Galiza

A Proposición de lei defendida pola deputada do BNG, Ana Pontón para reclamar ante o Congreso a transferencia da titularidade pública e competencia da AP-9 á Xunta de Galiza acadou a "unanimidade da Cámara galega".

No debate, a parlamentaria argumentou que a transferencia da AP-9 “ten transcendencia política para Galiza” e hoxe, dixo, podemos dar pasos para que a transferencia sexa unha realidade, despois de tantos anos de debater esta cuestión, podemos pasar aos feitos e converter en “realidade o que defendemos con ideas” polo que se congratulou do anuncio do Partido popular de apoiar a iniciativa do BNG.

Dende o Bloque Nacionalista galego, explicou, consideramos ilóxico que Galiza, con competencias en materia de infraestruturas, “manteña a AP-9 como unha infraestrutura estatal”, e para nós é un símbolo do “agravio” de como gobernan o noso país dende Madrid.

A parlamentaria criticou que Feijóo, “tan preocupado co que sucede en Cataluña” non se preocupe da aldraxe que supón para Galiza manter AP-9. Resulta unha mostra, afirmou, de como os gobernos centrais aplican un “rol colonial” no que os galegos e as galegas somos pagadores dos beneficios de grandes grupos empresarias e AP-9 é a evidencia da privatización das infraestruturas levadas a cabo por Aznar en contra dos intereses xerais. “Hoxe temos unha hipoteca para o noso desenvolvemento que nos sae moi cara” e hoxe tamén temos a oportunidade de que a AP-9 dependa dos galegos e galegas e non das decisións arbitrarias do Goberno de Madrid.

A AP-9, explicou, é unha infraestrutura con 219 Qm, clave nunha franxa importante do noso país. Comunica cinco das sete cidades galegas e unha infraestrutura que ten moito que ver coa mobilidade e o impacto nas actividades económicas.

A deputada congratulouse,  que nesta ocasión a Cámara galega  dera luz verde, por unanimidade, á reclamación do BNG ante o Congreso para transferir AP-9 á Xunta de Galiza

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG