Tereixa Paz: " Galiza non pode seguir cun modelo forestal que só favorece a ENCE"

Tereixa Paz: " Galiza non pode seguir cun modelo forestal que só favorece a ENCE"

A deputada cualificou de “fallido” o modelo forestal da Xunta e volveu a pedir a prohibición das plantacións do eucalipto nitens porque de non tomar medidas. esta especie invasora chegará a alta montaña

Pleno. A parlamentaria do BNG, Tereixa Paz defendeu unha proposición non de lei sobre as medidas a adoptar polo goberno para evitar a expansión das plantacións de eucaliptos nitens e garantir a biodiversidade e persistencia do medio rural.

Intervención de Tereixa Paz no pleno do Parlamento

A deputada explicou que o BNG non pide arrancar todos os eucaliptos, sobre todo, “aqueles que están ben ordenados”, o que defendemos, dixo, é que Galiza non sosteña un único modelo forestal para “favorecer a ENCE” porque se calquera de vostedes na súa casa pretende colocar un chan de friso de eucalipto non o vai a atopar en Galiza, terá que que importalo, porque modelo forestal galego só está destinado a “subministrar pasta de papel e riqueza para ENCE”.

Na defenda da iniciativa, a deputada lembrou que o contido da mesma reproduce as propostas de diferentes colectivos e asociacións ambientalistas e de defensa do medio rural a través dun manifesto baixo o lema “Stop- eucalipto/Avante-carballo”.

A iniciativa cínguese,dixo, a cinco aspectos que na maioría dos casos reclaman o cumprimento do marco normativo e legal pero tamén vai “ao cerne da política forestal do noso país”. Neste sentido, cualificou o modelo forestal galego de “fallido” como demostran os incendios forestais, a falta de valor engadido dos produtos forestais, a ausencia da segunda transformación da madeira ou que cortemos en Galiza máis do 50% da madeira de todo o Estado destinándoa á “pasta de papel” mentres simultaneamente “importamos madeira para a transformación”.

Tereixa Paz

A parlamentaria reiterou que o debate debe centrarse no modelo forestal e o BNG o que propón é “prohibir en Galiza a plantación de eucalipto nitens” porque é unha especie invasora que transforma o medio e bloquea os ecosistemas. En opinión da deputada, o eucalipto nitens é “atentatorio contra a riqueza natural e económica”.

A deputada lamentou que o portavoz do Partido popular, José Manuel Balseiro anunciara o voto en contra á iniciativa do BNG destinada a prohibir as plantacións de eucaliptos nitens, porque de non tomar medias, afirmou, “teremos esta variedade invasora ata na alta montaña”.

Tereixa Paz: " Galiza non pode seguir cun modelo forestal que só favorece a ENCE"