Tereixa Paz acusa a Baltar de "enlamar a institución " con prácticas corruptas

O presidente da Comisión retíralle a palabra a Tereixa Paz

A deputada lembrou que está acusado, ante a Fiscalía, por “acoso sexual” por ofrecer a unha muller un posto de traballo a cambio de sexo

Tereixa Paz

A deputada do BNG, Tereixa Paz, tras escoitar a comparecencia do Presidente da Deputación, José Manuel Baltar para presentar os orzamentos do 2016, iniciou a súa intervención coa frase “todas putas”. Detrás desa caracterización, dixo, é “onde vostedes pretenden esconder as súas miserias, empezando por vostede Sr.Baltar”.

Baltar non respecta o cargo nin a Institución que representa

A parlamentaria asegurou que permanecía na comisión, “non por respecto ao Presidente da Deputación de Ourense” xa que a persoa que menos respecta o cargo e “enlama” a institución con prácticas corruptas. Permanezo aquí, dixo por respecto aos ourensás e ourensáns e por respecto “ás mulleres ás que vostedes agriden”.

Baltar escoita á deputada do BNG, Tereixa Paz

Tereixa Paz recibe varias chamadas a orde por aludir a denuncia por “acoso sexual” contra Baltar

No curto tempo do que dispuxo, Tereixa Paz reprobou que Baltar non asistira a un pleno da Deputación provincial de Ourense convocado por el mesmo para dar explicacións sobre a denuncia por “acoso sexual”, denuncia que a maiores, leva implícita “prácticas corruptas” na súa xestión. Segundo a Lei galega de prevención da violencia de xénero, no seu artigo 3, explicou a nacionalista, cualifica como unha das formas de violencia de xénero o “acoso sexual” definido como “condutas consistentes na solicitude de favores de natureza sexual, na que o suxeito activo se prevale dunha situación de superioridade laboral, docente ou análoga co anuncio expreso ou tácito á muller coas expectativas que a vítima tiña no ámbito da relación ou baixo promesa dunha recompensa ou premio”.

O presidente da Comisión retíralle a palabra a Tereixa Paz

A deputada , tras recibir a primeira chamada a orde do presidente da comisión de Orzamentos, José Antonio Bugallo, asegurou que o Parlamento “non é un tribunal de xustiza”, é unha institución para render e facer valoracións políticas e vostede, Sr. Baltar sempre presume de ter aprobado un “código ético e de conduta” para todos os cargos electos da Deputación provincial de Ourense e do persoal que será notificado, “digo eu que debeu esquecer notificarse a se mesmo” no relativo á integridade, a imparcialidade, a eficacia, a transparencia e legalidade polo que preguntou a Baltar se lle parecía que, dentro do orzamento para gastos de persoal vai aparellado dicirlle a unha persoa “que as promesas que vostede fai para darlle un posto de traballo vai a misa e que é un compromiso que hai que atender e que está prometido jova! no me pongas en duda antes de que lo sea”.

 Baltar acusado de sexo a cambio de traballo

A deputada recibiu unha segunda chamada a orde por parte de Bugallo coa advertencia de retirarlle o uso da palabra. A parlamentaria proseguiu a súa intervención afirmando que dentro das “liñas globais dos orzamentos tamén inclúen os principios éticos” polo que volveu a preguntou a Baltar se consideraba que a execución de 77 millóns de euros para o ano 2016 corresponde á exemplaridade dun presidente “acusado por acoso sexual” e que lonxe da dar explicacións escondese detrás de como empecei, dixo, “todas putas”. A parlamentaria non puido continuar coa súa intervención ao serlle retirada a palabra polo presidente da comisión, José Antonio Sánchez Bugallo.

A comisión continuou coas intervencións do PSOE e AGE aos que Sánchez Bugallo tamén retirou a palabra por alusións á denuncia de “acoso sexual” contra Baltar.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG