Olalla Rodil

O sistema educativo é o máis poderoso para transformar a sociedade e loitar contra a desigualdade

Olalla Rodil
Olalla Rodil

Olalla Rodil pide á consellería de Educación que se implique na loita contra a violencia machista e que poña en marcha o Plan de Igualdade no conxunto do estudantado en todos os niveis educativos

Tras lembrar a Magdalena Moreira,  nova vítima de violencia de xénero asasinada onte en  O Porriño, a parlamentaria do BNG, Olalla Rodil destacou a grande importancia do ensino na loita contra a violencia contra as mulleres. Se queremos avanzar na igualdade, a “educación é fundamental para rachar cos vimbios que sosteñen o sistema patriarcal e a violencia de xénero”, afirmou.

Trala comparecencia do conselleiro de Educación Román Rodríguez para informar da situación do ensino non universitario en Galiza, a nacionalista criticou que a consellería “pase de puntillas” por un dos instrumentos máis importantes para transformar a sociedade, porque, dixo, o sistema educativo é “o máis poderoso para loitar contra a desigualdade” e  lembrou que os datos oficiais da Materia de Igualdade en Secundaria reflicten a existencia de  30 centros de 1.200  e  800 estudantes de máis de 300 mil. É dicir, “menos  do 3% dos centros educativos e o  1% do alumnado” durante dous cursos.

Para a deputada esta realidade  pon de manifestou a “minguada implicación” da consellería en materia de Igualdade polo que preguntou que medidas ten previstas para corrixila, si serán revisados os materiais educativos, formado o profesorado e cando poderá ser consultada a  páxina web anunciada pola consellería  en materia de igualdade.

A maiores, Rodil  preguntou ao titular de educación polo número de encontros e foros de discusión sobre  liñas estratéxicas para a igualdade e con que resultados.

En definitiva, remarcou,  “que se ten feito desde a Consellaría para desenvolver accións transversais como as  previstas no Plan de Igualdade, que abrangan o conxunto do estudantado galego, en todos os niveis educativos, desde Infantil e Primaria á Formación Profesional?”, preguntou. Que orzamento foi investido no  2017/2018 e en que accións concretas?. “Unha materia de libre configuración e optativa non vai transformar unha sociedade que oprime ás mulleres polo simple feito de selo”, manifestou.

Rodil aproveitou a comparecencia do conselleiro para interesarse sobre a Formación Profesional, a FP Básica e o   abandono dos estudos despois do primeiro curso. En FP Básica , e segundo o estudo de tres investigadoras da USC, en catro cursos trala súa implantación,  “o 49% do alumnado matriculado no primeiro curso abandona e non culmina a súa formación”, asegurou.

PLURILINGÜISMO

O BNG, e outras moitas entidades, institucións e colectivos, dixo,  denunciamos  denunciar os prexuízos do modelo lingüístico do Partido Popular contra a  lingua galega e constatamos cos últimos informes publicados pola  Real Academia Galega que o ensino constitúe hoxe en día e desde 2010, un elemento “desgaleguizador”.

A parlamentaria aludiu a recente comparecencia da  presidenta do Consello da Cultura a pasada semana nesta Cámara: A mocidade "quere o galego" , pero " pérdeo” porque non está presente na educación básica" e "socializan en ámbitos nos que se lles impón o castelán". Igual de clara é a Academia, explicou Rodil, sobre  a aplicación do decreto, “un retroceso na presenza da lingua galega retrotraéndoa aos anos 90.

Ese  modelo plurilingüe do que vostede saca peito, señor Rodríguez, é un dos principais causantes do “retroceso vivido nos últimos anos”. Tampouco coñecemos os   resultados da adquisición de competencias lingüísticas nas linguas estranxeiras, fundamentalmente no inglés, porque ese informe non foi remitido  a esta Cámara. “O BNG solicitou esa información  en febreiro de 2017 e aínda seguimos agardando, 16 meses levamos agardando”. Teñen algo que esconder? Volveu a preguntar.

Finalmente, a deputada nacionalista tamén aludiu á fenda de xénero na vocación científica e aos dereitos laborais do profesorado galego sobre os que reclamou unha mesa de negociación.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG