A secretaria Xeral de Igualdade reitera o seu respaldo á reforma do aborto de Gallardón

Protesta do grupo parlamentario contra a reforma do aborto

Carme Adán pide a López Abella que cambie o nome da secretaria que dirixe porque lexisla  contra as mulleres e a igualdade

Protesta do grupo parlamentario contra a reforma do aborto

A deputada do BNG lamentou que a Secretaria xeral de Igualdade, ao igual que o Goberno galego, apoie a reforma do aborto impulsada por Gallardón que claramente, “vai en contra das mulleres e do seu dereito a decidir a interrupción voluntaria do embarazo”.

No debate da pregunta parlamentaria do BNG, a nacionalista amosou a súa indignación e rexeitamento ante un novo suceso de violencia de xénero que segou a vida dunha muller en Torremolinos. A deputada lembrou que xa son 3 as mulleres asasinadas no Estado español nas últimas horas 24 horas por violencia machista, “ademais de amosar a nosa repulsa”, manifestou, é preciso unha reflexión sobre o “ a violencia de xénero como máxima expresión da desigualdade”.

En Europa 1 de catro mulleres vítimas de violencia machista

Adán tamén fixo referencia ao último estudo europeo que reflicte que unha de cada catro mulleres teñen padecido violencia de xénero, física,psicolóxica ou sexual á que sumou a violencia económica nun momento de crise, “62 millóns de mulleres europeas foron vítimas desta violencia”.

Tras estas consideracións, a deputada do BNG formulou a pregunta sobre a reforma do aborto que socava gravemente os dereitos das mulleres a decidir sobre o seu propio corpo, o vindeiro 8 de marzo, dixo, incidirá sobre o concepto de igualdade, van xa máis de cen anos desta data sinalada a respecto dos “ dereitos políticos, sociais, económicos e civís das mulleres”.

O Grupo parlamentario desprega a pancarta na porta principal do Parlamento galego

Dereitos, engadiu, conseguidos polos movementos de mulleres e feministas a través de loitas coa confrontacións racional nos parlamentos ou na rúa pero historicamente, “de maneira pacífica”.

Cando nos enfrontamos a unha reforma da lei do aborto como a que pretende o Partido popular, abondou, sentimos que os dereitos conseguidos non se van a manter, o texto sobre o dereitos ao concibido e a muller embarazada conleva unha modificación “innecesaria” e destinada só a satisfacer aos grupos ideloxicamente máis “ultras reaccionarios” que lexislan a través do Partido popular.

Adán pide cambiar o nome da Secretaría xeral de Igualdade porque traballa en contra dos dereitos das mulleres

Tras a resposta de López Abella e o seu apoio a postura do Goberno galego coincidente coa intención de modificar a lei do aborto do Goberno do estado, a nacionalista suxeriu a secretaria de Igualdade cambiar o nome do ente que dirixe porque “lexisla contra das mulleres”.

Carme Adán en comisión parlamentaria

Vostede, comparte que as mulleres non poidan abortar nin decidir sobre a súa maternidade libremente, “cámbielle o nome a secretaria” e impida que as mulleres que queren abortar sexan perseguidas. Non modifiquen un texto que na actualidade “non está dando ningún tipo de problema”.

Neste sentido, tamén lembrou que “Galiza conta cunha taxa moi inferior a respecto do Estado e Europa de interrupcións de embarazo”. A secretaría xeral de Igualdade está para que se cumpra a lei, para que as mulleres podan acceder aos centros de saúde públicos cun plan de saúde reprodutiva adecuado en toques de reducir as matronas e centros de información.

A deputada rematou afirmando que “na igualdade se cre ou non, e vostedes están a demostrar que lexislan contra os dereitos das mulleres”

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG