Rosana Pérez pide a Fomento medidas para rematar cos abusos de AUDASA na AP-9

ROSANA ENTRANDOA deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez, presentou unha pregunta parlamentar na Cámara na que pide á Ministra de Fomento que remate cos abusos da concesionaria AUDASA na AP-9, especialmente co caos que se produce perante as cabinas de pago en tempadas estivais.

A deputada do BNG quer sabe que xestións está realizando o Ministerio perante a concesionaria para que non se repitan as situacións de atascos quilométricos para pagar as peaxes. “Vai o Ministerio a sancionar a AUDASA por non ter levantado as barreiras no acontecido o pasado 13 de xullo? Non están máis que xustificadas as sancións xa que AUDASA non oferece un servizo á altura das súas elevadas peaxes? Non cre que cando se da un mal servizo os usuarios deben quedar exentos de pagalo?”.

Ademáis, Rosana Pérez pregunta a Fomento se está a demandar á concesionaria a aplicación dun programa de descontos similar ao contemplado noutras autoestradas.

En relación ás peaxes, a deputada do BNG os cualifica de “abusivos” e considera que “é hora de abordar o resgate da AP-9 e rematar coa súa explotación privada. Qué dispór ten a iniciar o proceso para que a AP-9 sexa gratuita e libre de peaxe?”. “Esta infraestrutura viaria foi suficientemente explotada e é hora de que a Administración estatal dea por rematada a súa explotación privada. Mentras tanto debería abordar os problemas máis imediatos como os atascos e o feito de que sexa a única autoestrada sen programa de descontos”.

Fomento debe actuar ante AUDASA

Rosana Pérez demanda a Fomento medidas contundentes como a obriga de que AUDASA levante as barreiras das cabinas de pago cando se produzan situacións de atasco. “Nas condicións doutras autoestradas figura a obriga de que a empresa levante as barreiras en caso de atascos de máis de dous quilómetros, condición que consideramos debería ser estendida tamén á autoestrada do Atlántico xa que o problema acontece con frecuencia”.

Rosana Pérez afirma que os usuarios deben quedar exonerados das peaxes en circunstancias como as descritas. “Non se debe esquecer que a AP-9 é de titularidade pública aínda que estea explotada por unha empresa privada, polo tanto, Fomento está no seu lexítimo dereito de impór sancións e requerir explicacións.

A deputada do BNG sinala que “as reticencias da concesionaria a reducir o prezo das peaxes e a aplicar un programa de descontos nunha vía que vertebra todo o territorio galego, pode ter algunha relación coa constante perda de usuarios que rexista a AP-9. De feito, o tráfico medio diario caeu nos seis primeiros meses do ano en case 20.000 vehículos”. Unha tendencia á baixa que se agravou desde o inicio da crise.

Pero censura a política comercial da concesionaria: “é unha mala política comercial elevar os prezos das peaxes porque fai fuxir aínda máis aos usuarios. Se a intención de AUDASA é a de recuperar usuarios é evidente que vai por mal camiño, e o lóxico sería reducir os prezos”. Máis, deixa claro que para o BNG “a meta é converte a AP-9 nunha vía gratuita”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG