Rivas acusa a Medio Rural e Medio Ambiente de evadir as súas responsabilidades na praga da velutina

Xosé Luís Rivas e Xesús Asorey
Xosé Luís Rivas e Xesús Asorey

O deputado do BNG pide conformar un equipo de investigación con recursos e dialogar co sector que loita contra un insecto que cambiou este ano o seu comportamento provocando graves danos na floricultura  

Rivas acusa a Medio Rural e Medio Ambiente de evadir as súas responsabilidades na praga da velutina

O portavoz de Agricultura, Gandería e Montes do BNG, Xosé Luís Rivas acusou hoxe as concellerías de Medio e Rural e Medio Ambiente de “evadir as súas responsabilidades na praga da velutina”.

O deputado nacionalista, acompañado do portavoz da Asociación Galega de Apicultura, Xesús Asorey, asegurou que son os propios agricultores os que deben utilizar trampas de maneira artesanal e denunciou que a administración non ofreceu a información necesaria para loitar contra un insecto que este ano cambio  radicalmente  o seu comportamento. Ante esta situación, afirmou Rivas,  a  “Xunta segue botando balóns fora  e non recoñece que estamos ante unha praga de grandes dimensións” porque a velutina é “un problema moi grave”, recalcou.

Os ataques da velutina afectan as abellas, á falta de polinización dos cultivos, a saúde das persoas e temos que saber a que nos enfrontamos polo que propuxo elaborar unidades didácticas dende a consellería de Educación para coñecer as verdadeiras características do insecto. Neste momento, dixo, estanse utilizando medios caseiros que non son máis que “tiros ao aire” polo que volveu reclamar un compromiso das consellerías de Medio Rural e Medio Ambiente para crear un equipo de investigación co fin de frear o avance da especie.

O parlamentario insistiu  na necesidades de  campañas de información e coordinación porque, ao seu entender, a comisión de seguimento non está a ofrecer datos nin solucións e a comisión de agricultura no Parlamento galego non engloba as asociación de apicultores e afectados. “Non hai unha aposta política clara  á altura do problema”, manifestou.

O deputado do BNG pediu prudencia á hora de enfrontarnos a un niño de velutina, “nunca manipulalo e sobre todo chamar rapidamente ao 112 para que o retiren”.

Comportamento diferente

Pola súa parte, Xesús Asorey explicou que a velutina consume moitos insectos polinizadores e non só abellas e destacou que o insecto  este ano mostra un  comportamento moi diferente a respecto doutros anos nos que fabricaba  niños  moi grandes e con  15 individuos ao longo de vales, regatos e ríos. Unha estratexia, dixo, diferente por mor das condicións climáticas da primavera construíndo moitos niños pequenos e cercanos ás casas e hortas buscando  o abrigo. 

“O grande problema son as picaduras para as persoas alérxicas que desbrozan ou fan traballos nas fincas próximas ás casas. Ante a detección dun niño é preciso chamar ao 112 para que o retiren”.

Asorey asegurou que este ano a velutina ataca aos insectos pero sobre todo a floricultura  e pediu tratar a praga dende unha perspectiva medioambiental porque, na súa opinión, “a praga está descontrolada” e os apicultores e agricultores “indefensos”.