Rey Varela comprométese co BNG para corrixir as as deficiencias da residencia de maiores de Campolongo

Luís Bará
Luís Bará

O conselleiro anunciou un plan, a corto e medio prazo, para a construción dun novo comedor, tomas de oxixeno imprescindibles e melloras na accesibilidade

O deputado do BNG, Luís Bará preguntou hoxe ao goberno que medidas vai poñer en marcha ante as deficiencias detectadas na residencia de persoas maiores de Campolongo, en Pontevedra.

O Comité de empresa, explicou Bará denunciou hai tempo  as condicións lamentábeis da residencia que na actualidade é mixta despois de funcionar exclusivamente  para persoas autónomas  durante anos. Entre as deficiencias, destacou os problemas detectados nos ascensores, habitacións non habilitadas para pacientes con problemas de mobilidade, carencia de aparellos para aspiracións, horario reducido do médico, falta de enfermerías, uso irregular dos montacargas, ausencia de  comedores e salas así como un  espazo exterior de lecer polo que pediu medidas urxentes para  “ mellorar a calidade asistencial e  condicións laborais”.

Pola súa parte, o conselleiro de Política social, Xosé Manuel Rey Varela recoñeceu as deficiencias do centro e anunciou un plan de melloras en dúas fases, una inmediata que non require proxectos como a conversión do comedor na cuarta planta nunha sala polivalente para o persoal, a construción dun novo comedor e neste mesmo ano, manifestou, contar con todas as tomas de oxixeno para as persoas non válidas. A accesibilidade así como a zona de enfermerías tamén serán obxectivos a cumprir por esta consellería.

O parlamentario do BNG lembrou que o comité de empresa da residencia leva máis de tres anos reclamando  estas melloras e en todo este tempo dixo, a consellería rexeitou manter unha xuntanza cos representantes dos traballadores polo que pediu ao titular de Política social concertar ese encontro co fin de coñecer máis de preto as necesidades asistencias e laborais da residencia. Neste sentido tamén pediu  ao conselleiro que atenda as demandas dos traballadores co incremento de “8 persoas máis, dúas de enfermería, cinco auxiliares de enfermería e un ou unha cociñeira”.

O deputado insistiu en que a falta de persoal provoca  un maior esforzo aos traballadores e traballadoras que deben asumir en menor número a mesma calidade asistencial. Para o deputado, as persoas ingresadas na residencia non están recibindo o trato que merecen polo que pediu “actuar sen dilación” e poñer en marcha todas as medidas anunciadas para corrixir as actuais deficiencias.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG