ANA PONTÓN

A remodelación do goberno de Feixóo é unha man de pintura que non impulsará os cambios que precisa Galiza

Ana Pontón
Ana Pontón

A portavoz nacional ve na remodelación de Feixóo un mero recambio con fins electoralistas que non soluciona a súa falta de proxecto de país

A remodelación do goberno de Feixóo é unha man de pintura que non impulsará os cambios que precisa Galiza

A portavoz nacional, Ana Pontón, considera que a remodelación do Goberno de Feixóo non é máis que “un mero recambio que deixa en evidencia que o Consello da Xunta está convertido nunha especie de prolongación do gabinete electoral do PP, que é quen marca as crises e os cambios”.

Neste sentido, a dirixente do Bloque denuncia que tanto José Manuel Rey Varela como Beatriz Mato “levan meses cobrando por ser conselleiro e conselleira pero facendo campaña electoral, e iso non pasa os mínimos estándares de respecto democrático”.

A remodelación, que Pontón cualifica de “man de chapa e pintura” ou “sudoku de conselleiros”, non vai solucionar o problema de fondo: “Que temos un presidente sen proxecto de país, incapaz de impulsar os cambios e as transformacións que precisa Galiza. Mesmo parece que estar aburrido de ser presidente”.

“Máis alá das persoas a clave é saber se van cambiar as políticas e, neste sudoku de [email protected] non apreciamos cambios nin vontade de autocrítica, porque iso pasaría por cesar ao conselleiro de Sanidade, de Medio Rural ou de Emprego por non cumprir os seus obxectivos en cuestións tan sensibles como sanidade ou emprego”, recalcou.

Ironizando, Pontón indicou que a única concesión de autocrítica “é que Feixóo recoñece coa boca pequena que era mentira o argumento de que podía facer máis con menos”, porque ben de aumentar o número de consellerías volvendo crear un departamento específico de Cultura, que o BNG sempre defendeu. “Agora falta ver se significa un cambio na política cultural e unha rectificación en materia lingüística, xulgaremos os feitos concretos”, concluíu.