As propostas de Galiza para a reforma da PAC debátense mañá en Bruxelas nunha conferencia organizada polo BNG

vaca
vaca

A defensa dunha PAC máis ecolóxica, social e de prezos xustos centrará a xornada de traballo na que participará unha delegación do sector agrogandeiro galego

Representantes do sector agrario, gandeiro e da protección do medio ambiente participarán mañá 7 de novembro na xornada de traballo que leva por título “Por unha PAC social, ecolóxica e con prezos xustos: impacto da reforma en Galiza”, organizada pola eurodeputada do BNG Ana Miranda. A xornada, que será inaugurada ás 15 horas pola eurodeputada nacionalista, desenvolverase até ás 19 horas no Parlamento Europeo de Bruxelas.

“A voz de Galiza ten que escoitarse a respecto da reforma da PAC”, subliña Ana Miranda, quen explica que as previsións apuntan a que dentro desta reforma estase tramitando que os Estados Membros teñan máis posibilidade de decidir, polo que “debemos aproveitar esta circunstancia para que Galiza teña máis peso”.

A delegación galega estará integrada polo presidente de Fruga e viticultor da zona de O Ribeiro, Xurxo Álvarez, e un dos especialistas desta entidade, Manuel Dacal; o presidente da Organización de Comunidades de Montes, Alfredo Pereira; así como o profesor de Xestion de Montes no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Lourizán. Na conferencia se falará das condicións concretas das producións gandeiras, que correrán a cargo dos produtores Ermitas Rodríguez e Esteban Pereiro, e da experiencia sobre o Banco de Terras, da que dará conta Xosé Manuel Puga.

Asemade, na xornada participarán os alcaldes de San Sadurniño, Secundino García, e Mazaricos, Juan José Blanco, que explicarán a importancia da reforma da PAC desde a perspectiva de concellos cunha forte dependencia de producións agrogandeira, así como biólogo especialista en políticas de medio ambiente, Martiño Nercellas e o xestor ambiental Alberto Gil.

Relatores

Por parte da Dirección Xeral de Agricultura da Comisión Europea intervirán no seminario o Director Adxunto da Unidade D.4 de. Cambio climático, Medio ambiente, Sector Forestal e Bioeconomía, Ignacio Seoane; o Director Adxunto da Unidade G2 “Viño, espirituosos e produtor hortofrutículas”, Raimondo Serra.

Por outro lado, sobre a situación xeral na reforma sector lácteo falará, Carlos Martin Ovilo, da Unidade G3 “Produtos lácteos”, da Dirección Xeral de mentres que Ramon I Sumoy da Unidade C1 da Dirección xeral falará das perspectivas políticas da reforma. Ademais, por parte do grupo Verdes-ALE, ao que pertence o BNG, terán a palabra o eurodeputado Thomas Waitz e o responsable técnico do grupo, Hannes Lorenzen.

cartaz-pac

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG