Galegas 2016

Propoñemos que a poboación local teña información e participación na xestión dos espazos protexidos

Noa Presas en Amoeiro
Noa Presas en Amoeiro
  • Noa Presas: “O monte precisa dunha política integral onde a forestación estea vinculada á prevención”

A cabeza de lista do BNG por Ourense, Noa Presas, dixo esta mañá, durante unha reunión con militantes e simpatizantes en Amoeiro, que “é preciso mudar o abandono do monte por unha política integral de montes, onde a reforestación estea vinculada á prevención”. Presas insistiu en que na axenda do Bloque está “priorizar os fondos destinados á ordenación forestal e actuacións preventivas”.

A candidata fixo estas declaracións despois dunha nova vaga de lumes durante esta fin de semana, con incendios en Verín, A Mezquita, Monterrei, Pereiro e Padrenda, e antes dunha semana que se prevé complicada pola previsión de altas temperaturas.

O programa do BNG, lembrou Presas, inclúe medidas para a mellora e a protección da paisaxe e da calidade do hábitat; así como a ampliación de espazos protexidos, “onde a poboación local teña información e participación á hora de tomar decisións sobre a xestión”. O BNG, sinalou Presas, pretende que o monte galego sexa produtivo e rendible para que a veciñanza, a principal garantía do seu coidado, poida vivir deles.

Noa Presas referiuse ademais á adecuación paulatina da estrutura administrativa da administración galega ás comarcas e á desaparición das deputacións e provincias como referencia territorial e institucional. “A ordenación territorial debe estar inspirada no respecto e na adecuación á realidade comarcal de Galiza”, sostivo.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG