Noa Presas esixe que o conselleiro de sanidade se reuna coas traballadoras da cociña do CHUO

Noa Presas
Noa Presas
En sede parlamentaria a deputada presentou unha batería de preguntas ante García Campa sobre o futuro das instalacións e os postos de traballo
Noa Presas esixe que o conselleiro de sanidade se reuna coas traballadoras da cociña do CHUO
A deputada do BNG por Ourense, Noa Presas,  levou ao Parlamento de Galiza a situación das traballadoras da cociña do CHUO. Preguntoulle ao actual xerente do SERGAS, Antonio Fernández-Campa García-Bernardo, cal será o futuro das traballadoras da cociña de Ourense e solicitoulle unha rectificación ante á inestabilidade dos postos de traballo.

"Vendéronnos a fraude e imos cara a precarización e a inestabilidade dos postos de traballo" comezou a deputada nacionalista a súa intervención. Presas interesouse pola apertura da futura cociña e preocupouse polo recorte dos postos de traballo e ensinou imaxes da concentración de hoxe diante do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Depois de anos de retrasos e mentiras onde o SERGAS afirmaba que a cociña estaba en trámites de licitación en novembro de 2017. "Non pode ser que as traballadoras da cociña se enteren de como eran as futuras instalación polo video promocional que vostedes mesmos sacaron" engadiu.

"O que é preocupante tamén é que a cociña actual non estaba nun estado de sanidade nin de seguridade. Tivo que actuar inspección en abril de 2018 constatando que se estaban infrinxindo todos os protocolos e as medidas que se tomaron ao respecto non son suficientes" engadíu a deputada Presas Bergantiños.

A deputada nacionalista dirixiuse ao actual  xerente do SERGAS. "Señor García Campa: que vai acontecer a partir de agora coa implantación da nova cociña? Estan recortando postos de emprego. Non van aumentar persoal. Van aumentar as funcións recortando persoal." criticou.  Nos orzamentos do SERGAS están recollidos 113 pinches para o complexo de Ourense. A día de hoxe só hai 96 e unha parte deles, minimo catorce, están sendo contratados con contratos temporais.

Teoricamente a construcción dun novo edificio supuxo un aumento de camas e temos picos de 900 pacientes e até case 800 menús por comida. Piñor non ten nin vai ter cociña e creemos que a súa intención, a día de hoxe, Verín non conte con cociña.

Pide honestidade e rectificación nos plans que ten a Xunta.

"Prevén menos persoal do que está falando. Se funciona a cociña de Ourense que o día de hoxe é polo esforzo das traballadoras da mesma. Entran a traballar antes para que os e as pacientes poidan almorzar en tempo e forma. Agora, vostedes queren recortar prazas e aumentar as funcións do persoal" engadía. "Isto evidencia a precarización que hai no sistema galego de saúde e evidencia que é necesario un aumento de persoal. Rectifiquen a tempo e faga que o consello se reúna coas traballadoras da cociña para que coñezan de primeira man o que está acontecendo" finalizou Presas, deputada do BNG por Ourense.