PARLAMENTO GALEGO

O PP vota en contra da iniciativa do BNG para investigar os bens da familia Franco adquiridos ilícita ou fraudulentamente

Luís Bará
Luís Bará

 Bará: “Exerzan de goberno e recuperen os bens do Pazo de Meirás. Non permitan que se legalice o roubo dos Franco”

O PP vota en contra da iniciativa do BNG para investigar os bens da familia Franco adquiridos ilícita ou fraudulentamente

O deputado do BNG, Luís Bará pediu hoxe ao goberno que “exerza como tal para recuperar os bens do Pazo de Meirás e que non permita que se legalice o roubo dos Franco. Neste sentido,  propuxo crear  unha comisión independente para elaborar un informe “amplo e exhaustivo” sobre todos os bens que puideron pasar a formar parte do patrimonio dos Franco de “maneira irregular ou ilícita” e un  estudo para  analizar as vías de recuperación dos bens espoliados, prestando o asesoramento necesario ás entidades públicas e privadas e ás persoas que desexen emprender accións legais para a restitución dos citados bens.

O deputado asegurou que o motivo  desta investigación ten por obxecto  elaborar un inventario de propiedades mobles e inmobles espoliadas no que figure a súa procedencia, a propiedade orixinal, o método de adquisición ou apropiación, os valores históricos, artísticos e culturais, o valor económico estimado, a situación actual e as entidades ou persoas lexitimadas para a súa recuperación. Ademais, o informe, dixo, deberá facer unha avaliación dos beneficios obtidos pola familia Franco como consecuencia da venda daqueles bens que foron adquiridos de maneira “ilícita ou fraudulenta.”

A proposta do BNG foi rexeitada polo grupo maioritario do Partido popular.

Tras a intervención do portavoz popular, Alberto Pazos Couñago, o nacionalista replicou que o PP sempre tenta desviar a atención e nesta ocasión fíxoo cos orzamentos do Estado e o espolio franquista noutros lugares do Estado pero dende o BNG, recalcou queremos cinguirnos ao acontecido en Galiza. Si teñen tanto interese en resolver esta cuestión noutros territorios avisen ao Partido popular en Andalucía e que presenten iniciativas como está facendo o BNG. “Nós queremos falar do espolio franquista en Galiza” e xa no ano 2017 presentamos unha lei para afrontar esta situación, vostedes, votaron en contra.

Meirás é o centro do macro espolio franquista e nos produce tristeza que agora o Partido popular vaia por libre cando o BNG xa advertiu dunha mudanza e por iso “solicitamos medidas cautelares”, un sábado e ao luns seguinte a Xuíza, a petición da avogacía do Estado, solicitou as devanditas medidas para elaborar un inventariado dos bens de Meirás.

Si vostedes aprobaran a nosa iniciativa o inventario estaría feito e hoxe non teríamos dúbidas si a familia Franco levou ou non levou bens do pazo.

O PP quere facer de Meirás outro San Simón

Na súa intervención, Bará acusou ao Partido popular de querer converter o Pazo de Meirás noutro San Simón con “piratas, monxes, poetas e figuras de ficción”  e negando a memoria histórica e o sufrimento das persoas e familias vítimas da ditadura franquista. Dende o BNG, dixo, “non imos consentir outro San Simón en Meirás”.

Bará reiterou que de ter investigado o Pazo de Meirás, a Casa Cornide, ou os bens espoliados no concello de Dodro teriamos moito avanzado pero o PP non quixo por “interese e oportunismo político”.

A Xunta debe exercer como goberno galego e velar polos bens de Interese Cultural, mesmo os de titularidade eclesiástica. “A Xunta e a Igrexa deben defender a conservación e restitución dos bens” como obriga a comisión mixta Xunta-Igrexa.

O deputado lamentou que o Partido popular votara en contra da iniciativa nacionalista para impedir  "a legalidade dun roubo”.

 

O PP vota en contra da iniciativa do BNG para investigar os bens da familia Franco adquiridos ilícita ou fraudulentamente