parlamento galego

PP veta por segunda vez a comparecencia no Parlamento dun representante da Proposta de bases para a normalización lingüística no ensino

Mercedes Queixas
Mercedes Queixas
Mercedes Queixas reproba a “hipocrisía do PP” que en período electoral mantén encontros cos representantes da Proposta de bases e agora péchalle as portas do Parlamento para presentar as  medidas contra a involución do galego no ensino

A deputada do BNG, Mercedes Queixas denuncia o "veto" do PP,  por segunda vez, na mesa da Comisión de Educación e Cultura do Parlamento para que un representante das organizacións sociais asinantes da Proposta de bases para a normalización lingüística no ensino, compareza no Parlamento.

Queixas reproba a “hipocrisía do PP” que  en período electoral mantivo un encontro cos representantes das organización sociais e agora, afirma a nacionalista “péchalle as portas” do Parlamento.  

O PP, explica Queixas,  volve empregar a maioría absoluta para pechar a porta da Cámara galega a unha de representación da sociedade que está a demandar  outra política lingüística no ensino e  reverter a grave involución na aprendizaxe e uso do galego nas xeracións máis mozas".

A nacionalista explica que este novo veto á lingua galega por parte do PP, impide que un representante dos colectivos asinantes do documento (AS-PG, NEG, ANPAS GALEGAS, MNL, CIG, STEG, CSIF) presente no Parlamento a proposta de bases para a normalización lingüística no ensino, proposta que xa foi presentada aos grupos da cámara durante a campaña electoral.

A parlamentaria do BNG recalca que o PP está a limitar, por segunda vez , con os dereitos democráticos das deputadas e deputados do BNG para poder desenvolver o seu traballo parlamentario segundo o articulado do Regulamento do Parlamento.

Para Mercedes Queixas, o veto do PP representa  outra  proba da "nula vontade dialogante do Partido popular " e a súa  incapacidade para se converter en verdadeiro axente normalizador do galego entre a sociedade galega.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG