Parlamento Galego

O PP rexeita a proposta do BNG para reclamar 12.600 millóns de euros dos fondos europeos para Galiza

Noa Presas
Noa Presas
Noa Presas denuncia a “parálise, escurantismo e improvisación” do PP e defende criterios demográficos, peche de empresas estratéxicas e avellentamento da poboación para negociar os fondos europeos

A parlamentaria do BNG, Noa Presas cifrou hoxe en 12.600M€ a contía que lle corresponde a Galiza dos fondos europeos incluíndo un “plus” pola diminución dos fondos tradicionais e reclamou que no reparto prevalezan os criterios sobre “a realidade demográfica galega, o peche de dúas centrais térmicas ou o avellentamento da poboación”.

Na súa intervención, afirmou que Galiza non necesita dos abrazos de Feixóo ás empresas, “Galiza precisa apoiar a pequena e mediana empresa e temos que evitar que os recursos europeos se centralicen en Madrid”. Nun contexto de pandemia e cunha crise económica e sanitaria sen precedentes, temos que utilizar todas as ferramentas ao noso alcance e conseguir “un papel fundamental” de Galiza l de Galiza no debate político dos fondos. Os fondos europeos non serán a única “solución”, pero si permanecemos quietos o noso país quedará “nun punto sen retorno”, sentenciou a deputada.

Dende o BNG, recalcou reclamamos “un reparto xusto” para reactivar a nosa economía e nun contexto no que descoñecemos os gromos ao que nos imos enfrontar, “cada euro conta”. Resulta urxente apostar “por unha estratexia de país” para abordar cambios profundos nos ámbitos económico, produtivo e social. Neste sentido, alertou das decisións erróneas do pasado e das consecuencias dun modelo que abandonou o modelo de I+D+i e que a día de hoxe “fainos máis débiles” ao que sumou empresas estratéxicas na industria que tamén se verán obrigadas a “baixar a persiana”.

A parlamentaria do BNG acusou ao Partido popular de manter unha posición de “parálise, improvisación e escurantismo”. Hai apenas dous meses, Feixóo na sesión de investidura mencionaba os fondos europeos alertando da perda do 40% dos fondos tradicionais e a pesar diso, a Xunta a día de hoxe non presentou ningunha proposta para recuperar eses fondos. Noa Presas secuenciou os vaivéns do PP que comezaron o 6 de outubro cando vetaba a proposta do BNG para abrir unha ponencia que abordara os criterios e obxectivos, o 8 de outubro comezou realmente o “baile de cifras”, 1.700 empregos a través dun investimento de 1.300 M€, o 16 de outubro, 3.800 M€ e 18.000 empregos e o 22 de outubro xa tiñamos 22 proxectos con 1.500 millóns de euros. Cada vez que vexo o “baile de cifras do Partido popular”, ironizou Presas vexo ao Pato Donal coa máquina dos cartos. Galiza debe recibir a contía correspondente pola poboación e un plus pola “baixada do fondos tradicionais” nunha cantidade non inferior a 12.600 millóns de euros, recalcou.

“Feixóo e o Partido popular non queren a participación do Parlamento galego, non se reúnen con responsables das universidades nin dos centros tecnolóxicos nin tampouco co Consello Económico Social pero si manteñen reunións coas empresas que deciden os abrazos de Feijóo”. Calquera pequena ou mediana empresa ten que ter as mesmas oportunidades que aquelas que son beneficiadas con proxectos a dedo pola Xunta de Galiza.

A deputada nacionalista lamentou que o voto en contra do Partido popular impedira que a iniciativa do BNG prospera.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG