PARLAMENTO GALEGO

PP rexeita a proposta do BNG de axudas directas á autónomas e autónomos e Pemes vinculadas á hostalaría

Daniel Pérez
Daniel Pérez
Daniel Pérez reclamou un Plan de Rescate  que cubra o 70% das perdas polas restricións  compatible con calquera outra axuda da administración pública
PP rexeita a proposta do BNG de axudas directas á autónomas e autónomos e Pemes vinculadas á hostalaría

O portavoz de Emprego e Turismo do BNG, Daniel Pérez volveu a trasladar ao Parlamento galego, esta vez a través dunha  moción, a gravísima situación económica do sector da hostalaría. A moción defendida polo deputado Daniel Pérez reclamaba  un Plan de Rescate  que cubra o 70% das perdas polas restricións da pandemia e compatible con calquera outra axuda pública. Os votos do grupo maioritario do Partido popular impediron que a proposta do BNG prosperara.

No debate da moción, o  deputado lembrou que o Plan de rescate para a hostalería e a cultura anunciado pola Xunta no mes de abril “ solucionou a situación” por carecer de axudas directas e no me mes de xaneiro as novas restricións  levaron aparelladas o anuncio dun Plan de Cooperación para canalizar futuras axudas involucrando a concellos, deputacións e Xunta, modelo similar ao valenciano coas aportacións de 50 millóns de euros, (50%) a Xunta, 30% as deputacións e o 20% restante a cargo dos concellos.

Dende que tivemos coñecemento do Fondo de Cooperación, explicou o nacionalista,  amosamos a nosa postura favorable ao plan  porque entendíamos que a situación exixía que “todas as administracións arrimaran o ombreiro” pero  discrepamos cando a Xunta non convocou ás partes interesadas e  a pesar diso,  “o BNG mostrou o seu apoio ao acordo” e  propuxo destinar o 1% dos orzamentos de cada administración. Consideramos que o plan suporía unha inxección de 140M€ e que sería “xusto e equilibrado” e asumible pola Xunta,  deputacións e  concellos.

A Xunta anunciou que sería un Plan especifico para os sectores da hostalaría e o turismo estendéndose a autónomos, microempresas e outras actividades cunha  aportación que  pasaría de “50M€ a 75M€”  con  novas liñas de axudas, aínda que non se producira un acordo.

Falta de vontade do PP e cerrazón do PSOE

Dende o BNG, dixo o nacionalista, lamentamos o fracaso deste proceso de negociación pola “falta de vontade do PP e a cerrazón do Psoe” e por esa razón buscamos “un acordo” das forza políticas  hoxe nesta cámara para constituír  “un plan de rescate específico que cubra o 70% das perdas ocasionadas polas restricións”.

É preciso, recalcou Daniel Pérez, dar unha resposta “áxil e rápida” e a Xunta debe reaccionar  poñendo en marcha axudas que cheguen “no prazo máis breve posible” polo que reclamou ao goberno galego: Constituír un Plan de Rescate Específico para o sector da hostalaría (bares, cafetarías, restaurantes, ocio nocturno e salas de concertos) e autónomos e Pemes directamente asociados e dependentes do sector (distribuidores); todos eles especialmente afectados polas restricións adoptadas para frear a propagación do coronavirus. “Plan que cubra o 70% das perdas ocasionadas polas restricións e sexa compatíbel con calquera outra axuda ou medida de fomento outorgada dende as administracións pública.

Por outra banda, o deputado do BNG instou á Xunta a solicitar do Estado español a abrir unha liña de axudas directas específica para o sector da hostalaría e negocios directamente asociados e dependentes do sector, que sexa compatíbel con calquera outra axuda ou medida de fomento outorgada dende as administracións públicas. Exonerar do pago das cotas de seguridade social aos autónomos do sector da hostalaría afectados polas restricións totais ou parciais de actividade e exonerar tamén do pago as  cotas empresariais á seguridade social correspondente ao tempo do peche para aqueles autónomos do sector gravemente afectados pola necesidade de adoptar restricións de actividade. E ampliar até os 3 anos o período de carencia dos créditos ICO.

PP vota en contra de salvar ao sector da hostalería

A portavoz popular, Guadalupe Murillo coincidiu na diagnose e reclamacións do BNG pero anunciou o voto en contra  ante a negativa do deputado nacionalista a transaccionar o texto da  moción do BNG. Daniel Pérez considerou que a verdadeira  intención do Partido popular non era chegar a un acordo senón máis ben sobrecargar  aos concellos e deputacións cun maior esforzo  económico sen presentar unha “verdadeira alternativa” á situación de afogamento que está a vivir a hostalaría e o turismo.
PP rexeita a proposta do BNG de axudas directas á autónomas e autónomos e Pemes vinculadas á hostalaría