O PP retrátase: hipoteca o futuro da Coruña no canto de reclamar ao Estado que pague punta Langosteira

Ana Pontón
Ana Pontón

Ana Pontón lembra que o Estado pagou os portos exteriores de Xixón, Bilbao, Valencia ou Barcelona e considera unha “tomadura de pelo” que en Galiza se paguen 21M€ por uns terreos que xa son propiedade da cidade

A portavoz nacional, Ana Pontón, considera que o PP se posiciona en contra da cidade da Coruña e de Galiza cando opta por consentir unha nova discriminación do Estado con esta país e coa cidade en lugar de reclamarlle ao Goberno central que asuma o coste íntegro de Punta Langosteira sen hipotecar o futuro da cidade herculina, e que pague a construción do porto exterior da Coruña posto que se trata dunha obra do Estado.

Pontón fai esta denuncia despois de que o PP vetase no Parlamento unha proposición non de lei do BNG pola que se pedía deixar de lado “partidismos” e sumar a todas as forzas políticas nun acordo para reclamarlle ao Estado que asuma o pago das obras de Punta Langosteira, sen caer no dislate de ter que Galiza teña que pagar 21 millóns de euros para que uns terreos que son públicos segan a ser públicos e do seu lexítimo propietario, a cidade da Coruña, en relación aos peiraos de Calvo Sotelo, Batería e San Diego.

“É unha tomadura de pelo”, salientou, en relación ao protocolo “da vergoña e do roubo” asinado por tres administracións do PP excluíndo ao Concello da Coruña, ao tempo que lembrou que os investimentos millonarios do Estado na construción de infraestruturas portuarias noutros territorios, 700 millóns de euros en Xixón, 1.000 en Valencia, 1.300 en Barcelona ou 2.000 en Bilbao, aparte de que recuperaron de xeito gratuíto os terreos portuarios desafectados.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG